Cultura calima
Cultura calima | |
---|---|
Territorio histórico da cultura calima. | |
Poboación | |
Poboación total: c 100 | |
Rexións principais: | |
Colombia | 102 (censo de 2018)[1] |
Aspectos culturais | |
Lingua | Lingua castelá |
A cultura calima (entre os anos -200 e 400) é unha serie de culturas precolombianas que se desenvolveron en Valle del Cauca, Colombia.[2] As catro culturas que ocuparon sucesivamente o val e que conforman a cultura calima reciben os nomes de ilama, yotoco, sonso e malagana.[2]
O Museo Arqueolóxico Calima de Darién e o Museo do Ouro Calima conteñen importantes coleccións de obxectos da cultura calima.[2]
Historia
[editar | editar a fonte]A cultura calima abrangue a diferentes grupos que vivían nesa rexión durante diferentes períodos de tempo, pero por mor ás semellanzas dos restos arqueolóxicos e ó feito de que estas persoas habitaban nas mesmas zonas, a rexión coñécese como Calima.
Localizábanse na Cordilleira occidental dos Andes, no suroeste de Colombia (actual Valle del Cauca), a unha altura de 1 500 metros de altitude[3]
A historia da cultura calima divídese en dous grandes períodos:
- Os cazadores e recolectores: A etapa inicial e máis primitiva durou preto de 6 mil anos.
- Culturas e sociedades: ilama, yotoco e sonso.
Pertencían ó grupo lingüístico caribe, relacionados cos panches e os muzos.[4]
Os termos yotoco e sonso son termos indíxenas que sobreviviron á época colonial. Ilama era o nome dun pobo de territorio sonso que en 1552 se atopaba baixo o mando dun cacique de nome “Bonba”, rei da terra.
- Fase ou cultura ilama: 1600-200/100 a. C.
- Fase ou cultura yotoco: 100 a. C.-200 d. C.
- Fase ou cultura sonso: 200 d. C.
- Debido ó achado en 1992 dun cemiterio precolombiano, algunhas fontes inclúen á cultura malagana:200 a.C. a 200 d.C.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ DANE (ed.). "Población indígena de Colombia. Resultados del Censo Nacional de Población y Vivienda 2018" (PDF) (en castelán). Consultado o 16 de abril de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Calima Darién Archaeological Museum: 10,000 Years of History." Arquivado 17 de agosto de 2014 en Wayback Machine. Colombia. (Consultado o 1 de decembro de 2011)
- ↑ "Universidad Nacional de Colombia Proyecto Calima Facultad de Artes" (PDF).
- ↑ "REVISTA GNOSIS 188 ENERO DE 2010" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de maio de 2018. Consultado o 30 de abril de 2020.
- ↑ "Calima - Enciclopedia Banco de la República". Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2020. Consultado o 30 de abril de 2020.