Cupido alcetas
Cupido alcetas | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Cópula de Cupido alcetas | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
'Cupido alcetas' (Hoffmannsegg, 1804) | |||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||
|
A Cupido alcetas é unha especie de bolboreta da familia Lycaenidae.[1]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome específico alcetas refírese a Ἄλκηστις (Alcestis), princesa da mitoloxía grega, filla de Pelias, rei de Iolco.
Distribución
[editar | editar a fonte]Foi descrita en Austria por Johann Centurius Hoffmannsegg en 1804, pero a súa distribución é máis ampla, xa que habita zonas do sur de Europa, Turquía, Urais e sur de Siberia até Kazakhstán.[2][3][4][5] En España, pode atoparse en Cataluña, Aragón, Navarra, Galicia e León.[1]
Hábitat
[editar | editar a fonte]A Cupido alcetas vive en pastos floridos, zonas de matogueira e áreas húmidas, e en claros de bosque, nun rango de altitude entre os 50 e os 1200 m.[5]
Descrición
[editar | editar a fonte]Cupido alcetas presenta unha envergadura de 26-32 mm. O anverso das ás é azul ou añil nos machos, pero pardo nas femias, como sucede con outros licénidos. O bordo alar é negro cunha franxa branca. O reverso das ás é dun gris pálido, cunha serie de puntos negros rodeados de azul claro. En ocasións hai unha única mancha laranxa que non alcanza o punto negro marxinal. Xunto ao ángulo caudal frecuentemente hai unha cola moi pequena e estreita.[5] É similar a especies como Everes argiades e Celastrina argiolus.[5][6][7]
Bioloxía
[editar | editar a fonte]Os adultos voan entre maio e setembro.[6] Dependendo da súa localización, a especie pode xerar dúas ou tres xeracións anuais (en maio–xuño, xullo–agosto e en rexións cálidas tamén a finais de setembro).[2][3][5][8] As larvas aliméntanse de follas e inflorescencias de varias leguminosas, como Coronilla varia, Galega officinalis, Trifolium spp., Vicia spp., Medicago lupulina e Securigera varia.[2][2][3][2][2][8] As larvas son mirmecófilas e desenvólvense xunto a formigas do xénero Formica.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 https://www.asociacion-zerynthia.org/images/MDA/2020/MDA20.pdf
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Львовский А.Л., Моргун Д.В. 2007. Булавоусые чешуекрылые Восточной Европы. Москва: КМК. ISBN 978-5-87317-362-4. p. 230
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Tolman, Tom & Richard Lewington. 1997. Butterflies of Britain and Europe. Field Guide. Londres: Collins. ISBN 0-00-219992-0.
- ↑ "Fauna europaea". Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2013. Consultado o 08 de setembro de 2023.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Eurobutterflies.com
- ↑ 6,0 6,1 Simon Coombes Captain's European Butterfly Guide Arquivado 22 de xullo de 2019 en Wayback Machine.
- ↑ http://sea-entomologia.org/Publicaciones/PDF/BOLN42/459_460BSEA42NBCupidoVesperus.pdf
- ↑ 8,0 8,1 Pieris.ch
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Cupido alcetas na páxina web do lepidopterista Markku Savela
- Paolo Mazzei, Daniel Morel, Raniero Panfili Moths and Butterflies of Europe and North Africa
- Lepiforum.de