Departamento de Cuscatlán
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | O Salvador ![]() | ||||
Capital | Cojutepeque (pt) ![]() ![]() | ||||
Contén a división administrativa | Candelaria (pt) ![]() Cojutepeque (pt) ![]() El Carmen (pt) ![]() El Rosario (pt) ![]() Monte San Juan (pt) ![]() Oratorio de Concepción (pt) ![]() San Bartolomé Perulapía (pt) ![]() San Cristóbal (pt) ![]() San José Guayabal (pt) ![]() San Pedro Perulapán (pt) ![]() San Rafael Cedros (pt) ![]() San Ramón (pt) ![]() Santa Cruz Analquito (pt) ![]() Santa Cruz Michapa (pt) ![]() Suchitoto (pt) ![]() Tenancingo (pt) ![]() ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 244.901 (2024) ![]() | ||||
Lingua usada | Lingua pipil ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 756,2 km² ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 22 de maio de 1835 ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | SV-CU ![]() | ||||
![]() |
Cuscatlán é un dos catorce departamentos que conforman a República do Salvador
Historia
[editar | editar a fonte]Cuzcatlán, era desde a antigüidade unha cidade coñecida polas súas riquezas e o poderío dos seus príncipes, foi considerada a principal metrópole dos aborixes pipís do Salvador precolombiano. Fundada en 1504 polo monarca Topiltzín Acxitl, e librada de moitas guerras polo valente nativo Atlacatl, quen reinou no lugar antes da época colonial.
En 1770, a súa poboación era só de 19 familias indíxenas e 115 ladinos. Os séculos transcorreron e sucesos importantes marcaron a historia da cidade. Cuscatlán constou dos distritos ou partidos de Cojutepeque e Suchitoto, creados en 1786. O departamento foi constituído durante a administración do xefe de Estado Nicolás Espinoza, por Decreto Executivo o 22 de maio de 1835.
Orixinalmente Suchitoto foi a súa cabeceira, pero a partir do 12 de novembro de 1861 é a cidade de Cojutepeque.
Toponimia
[editar | editar a fonte]É de orixe náhua, Kuskat, "colar, pedra preciosa, tesouro" e Tan "locativo". Etimoloxicamente significaría: "lugar de cousas preciosas". O seu topónimo é Kuskatan.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A xeografía do departamento de Cuscatlán, é de carácter montañoso, cunhas chairas a beiras do río Lempa. A súa topografía certifícao como terreo apto para a agricultura, e ademais conta coa presenza do lago Llopango, que é un dos seus maiores atractivos turísticos. Atópase situado na rexión central do país e limita polo norte e nordés co departamento de Chalatenango, polo leste con Cabañas, polo sueste con San Vicente, e polo sur co lago de Ilopango e o departamento de La Paz e, por último, polo oeste co departamento de San Salvador. No norte o val do río Lempa orixina unha rexión plana e fértil, apropiada para a actividade agrícola. O centro e sur do departamento, en cambio, son máis montañosos. O departamento comprende unha superficie de 756 km² e ten unha poboación estimada de 216.446 habitantes (2007).
Cultívase sobre todo cana de azucre e, en menor proporción, tabaco, café e cereais. A cabeceira departamental é Cojutepeque, unha das cidades relevantes do Salvador, coñecida como "a cidade das néboas". En anos anteriores, esta cidade, destacou por ser un significativo centro comercial, importante para a manufactura do tabaco, o doce de panela e café de excelente calidade. O traballo artesanal tamén está moi presente en todo o departamento; cabe mencionar as localidades de Tenancingo, onde se realizan traballos de cestaría e fabrícanse chapeus e esteiras, e Suchitoto, centro turístico onde se conservan construcións coloniais e desenvólvese a olaría, cestaría e pirotecnia.
Economía
[editar | editar a fonte]A súa economía fundaméntase basicamente na agricultura que se especifica no cultivo da cana de azucre. Así mesmo, en menor proporción do tabaco, que é de excelente calidade. A manufactura de artesanías é outro dos alicerces fundamentais da economía deste departamento.
Son expertos na fabricación de chapeus, cestas de todo tipo e esteiras, concretamente no municipio de Tenancingo. Tamén, a pirotecnia e a olaría están presentes no fundamento da economía do departamento de Cuscatlán. A isto súmaselle a fabricación do doce de panela no municipio Suchitoto.
A economía do departamento está moi ben considerada no país, ocupa o terceiro lugar do país presentando un produto interno bruto de 0,900.
A economía de Cuscatlán é a terceira máis grande do Salvador só superada por La Libertad e San Salvador. Posúe unha economía mixta baseada na agricultura maiormente. A súa capital, Cojutepeque, ten un alto índice de desenvolvemento.
Demografía
[editar | editar a fonte]O departamento comprende unha superficie de 756 km² e ten unha poboación estimada de 216.446 habitantes
Relixión
O catolicismo representa o 60% da poboación e o protestantismo representa o 30%. O 7% da poboación non profesa ningunha relixión e o 3% pertence a outras relixións.
División administrativa
[editar | editar a fonte]Municipios
[editar | editar a fonte]- Cojutepeque (capital)
- Candelaria
- El Carmen
- El Rosario
- Monte San Juan
- Oratorio de Concepción
- San Bartolomé Perulapía
- San Cristóbal
- San José Guayabal
- San Pedro Perulapán
- San Rafael Cedros
- San Ramón
- Santa Cruz Analquito
- Santa Cruz Michapa
- Suchitoto
- Tenancingo
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Departamento de Cuscatlán |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Atlas Geográfico Universal y de El Salvador. Editorial Océano. Edición 1995 ISBN 84-494-0135-6