Cycas
Cycas | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Cycas revoluta | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||
'C. circinalis[2] L.[2] | |||||||||||||
Sinonimia[3] | |||||||||||||
|
Cycas é o xénero tipo e o único xénero recoñecido na familia Cycadaceae. Acéptanse 95 especies neste xénero. A primeira especie de cícada descrita foi Cycas circinalis, endémica da India, e foi a especie tipo do nome xenérico Cycas. A especie máis coñecida é Cycas revoluta, que se cultiva moito co nome de "falsa palma" debido ao seu aspecto de palma (pero non ten que ver taxonomicamente coas palmeiras ou Arecaceae).
O xénero é nativo do Vello Mundo, coas especies concentradas arredor das rexións ecuatoriais do leste e sueste de Asia, incluíndo as Filipinas con 10 especies (9 das cales son endémicas), leste de África (incluíndo Madagascar), norte de Australia, Polinesia, e Micronesia. Australia ten 26 especies, mentres que a área de Indochina ten unhas 30. India ten 9 especies. A especie que vive máis ao norte (C. revoluta) encóntrase a 31°N no Xapón meridional. A especie que vive máis ao sur (C. megacarpa) encóntrase a 26°S no sueste de Queensland. Debido á presenza dun gran número de especies de Cycas na China e Australia, estes dous países considéranse os dous centros de diversidade de Cycas.[3]
Estas plantas son dioicas (con plantas macho e femia), e a familia Cycadaceae é singular entre as cícadas polo feito de que non forma conos con sementes nas plantas femias, senón grupos de estruturas parecidas a follas chamadas megaesporófilos que levan sementes nas marxes inferiores, e conos ou estróbilos produtores de pole nas plantas macho.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/18/Cycas_ophiolytica_female_fruit_close_up.jpg/220px-Cycas_ophiolytica_female_fruit_close_up.jpg)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/5b/Cycas_media_megasporophylls.jpg/220px-Cycas_media_megasporophylls.jpg)
O cáudice é cilíndrico, rodeado de bases de pecíolos persistentes. A maioría das especies forman troncos ben aparentes ramificados ou non, pero nalgunhas especies o tronco principal pode ser subterráneo e a coroa de follas parece saír directamente do chan. Teñen dous tipos de follaxe, follas típicas e escamosas. As follas típicas fotosintéticas son pinnadas (ou máis raramente bipinnadas) e dispostas en espiral, con queratinose dura e grosa. Non son permanentes e caen ao chan deixando na planta a base da folla. Os folíolos son articulados, teñen un nervio central pero carecen de nervios secundarios. As follas escamosas son persistentes, de cor marrón e de función protectora. Os megaesporófilos non están reunidos en conos. A polinización é anemófila.
A miúdo estas especies considéranse fósiles viventes, e os primeiros fósiles do xénero Cycas datan do Cenozoico, aínda que fósiles similares a Cycas, que poden considerarse Cycadaceae, poden atoparse xa nos estratos do Mesozoico. O xénero Cycas non está estreitamente relacionado con outros xéneros de cícadas, e os estudos filoxenéticos mostraron que Cycadaceae é o grupo irmán de todas as outras cícadas existentes.
As plantas tardan varios anos en medrar, e a reprodución sexual ten lugar despois de 10 anos de crecemento exclusivamente vexetativo, que ten lugar por medio de bulbilos que se orixinan na base do tronco.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/c5/Cycas_male_cone.jpg/220px-Cycas_male_cone.jpg)
As especies de Cycas están ameazadas en todo o mundo e case todas as especies figuran na lista vermella da IUCN. Cycas beddomei é a única especie do xénero Cycas listada no Apéndice I de CITES. Cycas rumphii e Cycas pectinata son os que teñen unha distribución mundial máis ampla.
Especies seleccionadas[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Kramer, K.U.; (illustrations), P.S. Green ; assisted by E. Götz (1990). Kramer, K.U.; Green, P.S, ed. Pteridophytes and Gymnosperms. Berlin: Springer-Verlag. p. 370. ISBN 978-3-540-51794-8.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Hill, Ken; Leonie Stanberg and Dennis Stevenson. "The Cycad Pages". Genus Cycas. Royal Botanic Gardens Sydney. Arquivado dende o orixinal o 06 de novembro de 2020. Consultado o 6 September 2013.
- ↑ 3,0 3,1 "Kew World Checklist of Selected Plant Families". Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2020. Consultado o 25 de abril de 2015.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Cycas |
![]() |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Cycas |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- David J. de Laubenfels & F. Adema (1998) "A taxonomic revision of the genera Cycas and Epicycas Gen. Nov. (Cycadaceae)", Blumea 43()351-400.
- K.D. Hill (1998–2004) The Cycad Pages, Royal Botanic Gardens Sydney. http://plantnet.rbgsyd.nsw.gov.au/PlantNet/cycad/index.html Arquivado 29 de marzo de 2021 en Wayback Machine.
- Virtual Cycad Encyclopedia edited by the Palm & Cycad Societies of Florida
- David J. de Laubenfels, Cycas Taxonomy
- Ken D. Hill, Dennis W. Stevenson & Roy Osborne (2004) "The World List of Cycads". The Botanical Review, 70(2)274–298 doi 10.1663/0006-8101(2004)070[0274:TWLOC]2.0.CO;2
- Rita Singh & Khuraijam Jibankumar Singh (2013-) Cycads of India. http://www.cycadsofindia.in/ Arquivado 18 de xaneiro de 2021 en Wayback Machine.
- Lindstrom, Anders J. and Ken D. Hill (2007) "The genus Cycas (Cycadaceae) in India". Telopea 11(4) : 463-488.
- Singh, R., & Radha P. (2006). Cycas annaikalensis, A new species of Cycas from the Malabar Coast, Western Ghats, India. Brittonia 58 (2): 119-123.
- Terrence Walters & Roy Osborne (eds.) (2004), Cycad Classification: Concepts and Recommendations, CABI publishing, ISBN 0-85199-741-4