Día Mundial da Cultura Africana e Afrodescendente
Día Mundial da Cultura Africana e Afrodescendente | |
---|---|
![]() “Jogando capoeira ou dança de guerra”, Río de Xaneiro, Brasil, pintado por Rugendas c. 1830. Rugendas viaxou polo Brasil entre 1822 e 1824. | |
Data de fundación | Instituído en 2020, de celebración anual cada 24 de xaneiro. |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Día Mundial da Cultura Africana e Afrodescendiente é realizado todos os anos no día 24 de xaneiro e celebra as moitas culturas vibrantes do continente africano e das diásporas africanas en todo o planeta, reforzando o mandato da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) de promover o respecto pola diversidade cultural e a creatividade humana a nivel mundial. Sendo unha rica fonte do patrimonio partillado do mundo, a promoción da cultura africana e afrodescendente é fundamental para o desenvolvemento sustentábel, o respecto mutuo, o diálogo e a paz. [1]
A UNESCO aprobou o 24 de xaneiro como o Día Mundial da Cultura Africana e Afrodescendente na 40ª sesión da Conferencia Xeral da UNESCO en 2019.[2] [3] Esta data coincide coa aprobación da Carta para o Renacemento Cultural Africano en 2006.[4] polos xefes de Estado e de Goberno da Unión Africana. A celebración deste día tamén pretende promover a ratificación e aplicación o máis ampla posíbel desta Carta Africana dos Dereitos Humanos e dos Pobos, reforzando así o papel da cultura na promoción da paz no continente.
“Neste Día Mundial, non é simplemente unha cultura individual a que estamos a celebrar, senón multitude de culturas dunha diversidade excepcional. Tamén homenaxeamos a artistas de todos os países e de todas as áreas, desde o cine, a música e a danza ata a moda e o deseño, todos os sectores creativos que apoian aos artistas, co fin de promover o renacemento cultural africano.”Mensaxe da Sra. Audrey Azoulay, Directora Xeral da UNESCO, con motivo do Día Mundial da Cultura Africana e Afrodescendiente, 2023
Este día está en consonancia coa década das persoas afrodescendentes, período comprendido entre 2015 e 2024, co lema “Recoñecemento, xustiza e desenvolvemento” (resolución 68/237),[5] pola que a Asemblea Xeral das Nacións Unidas reafirmou o importancia da contribución das culturas africanas, tan ricas como diversas, á construción dun mundo próspero.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nations, United. "World Day for African and Afrodescendant Culture" (en inglés). Consultado o 2023-11-28.
- ↑ "PROCLAMACIÓN DEL DÍA MUNDIAL DE LA CULTURA AFRICANA Y DE LOS AFRODESCENDIENTES" (en castelán). Consultado o 2023-11-28.
- ↑ "40th Session of the General Conference - 12-27 November 2019" (en inglés). 2019-11-07. Consultado o 2023-11-28.
- ↑ African Union (2006). "Carta Da Renascença Cultural De África" (PDF). Consultado o 2023-11-28.
- ↑ "9 - Resolução 68 237 Da ONU | PDF | Racismo | Discriminação e Relações Raciais". Consultado o 2023-11-28.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Unesco cita “renascimento” em Dia Mundial da Cultura Africana | ONU News". 2023-01-24. Consultado o 2023-11-28. (en portugués)
- "Dia Mundial da Cultura Africana e dos Afrodescendentes". Consultado o 2023-11-28. (Vídeo en YouTube)
- "DIA MUNDIAL DA CULTURA AFRICANA E AFRODESCENDENTE". Consultado o 2023-11-28. Fundação Cultural Palmares.