Día Internacional para Lembrar a Trata de Escravos e a súa Abolición
Día Internacional para Lembrar a Trata de Escravos e a súa Abolición | |
---|---|
![]() | |
Tipo | día internacional e comemoração anual |
Data de fundación | 1997 |
Na rede | |
https://www.unesco.org/es/days/slave-trade-remembrance, https://www.unesco.org/en/days/slave-trade-remembrance e https://www.un.org/ar/observances/transatlantic-slave-trade | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Proclamación
[editar | editar a fonte]O Día Internacional para Recordar a Trata de Escravos e a súa Abolición foi proclamado pola UNESCO na súa 29ª Conferencia Xeral, en 1997.[1] Esta conmemoración foi proclamada no ámbito do proxecto intercultural Os camiños dos escravos.[2] O obxectivo desta xornada é rexistrar na memoria colectiva o que supuxo a trata de escravos, reflexionar sobre as súas causas, métodos e consecuencias históricas e analizar as interaccións que provocou entre África, Europa, América e o Caribe.[3] [4]
Celebración
[editar | editar a fonte]Este día celébrase o 23 de agosto. A data escolleuse porque, na noite do 22 ao 23 de agosto de 1791, comezou unha revolta en Saint Domingue (actualmente República de Haití), un acontecemento crucial para a abolición do comercio transatlántico de escravos.
A primeira celebración tivo lugar en Haití o 23 de agosto de 1998, seguida de Senegal, na illa de Goreia, o 23 de agosto de 1999. Desde entón, en varios países leváronse a cabo actos organizados polos Ministerios de Cultura, coa participación de mozos, educadores, artistas e intelectuais, por invitación do Director Xeral da UNESCO.[3] [4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Records of the General Conference, 29th session, Paris, 21 October to 12 November 1997, v. 1: Resolutions". Consultado o 2024-08-18.
- ↑ "Las Rutas de las personas esclavizadas" (en inglés, castelán, e portugués). Consultado o 2024-08-18.
- ↑ 3,0 3,1 "Día Internacional del Recuerdo de la Trata de Esclavos y de su Abolición". UNESCO.org (en inglés, castelán, e portugués). 2024-06-12.
- ↑ 4,0 4,1 "What is International Day for Remembrance of Slave Trade and its Abolition and why is it observed?". The Economic Times. 2023-08-21. ISSN 0013-0389. Consultado o 2024-08-18.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]
![]() |
Este artigo sobre cultura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |