Dólar das Illas Salomón
Dólar das Illas Salomón | |
---|---|
Solomon Islands Dollar | |
Código: | SBD |
Ámbito: | Illas Salomón |
Símbolo: | $, SI$ |
Fracción: | 100 (cents) |
Moedas: | 1, 2, 5, 10, 20 e 50 cents 1 $ |
Billetes: | 2, 5, 10, 20, 50 e 100 $ |
Emisor: | Banco Central das Illas Salomón |
Taxa de troco: 18-03-2010 | 1 EUR = 10,3591 CHF 1 USD = 7,612 CHF |
O dólar das Illas Salomón (en inglés Solomon Islands dollar ou, simplemente, dollar) é a moeda oficial das Illas Salomón. Xeralmente abréviase como $, ou SI$ para diferencialo do dólar estadounidense e outros tipos de dólares. O seu código ISO 4217 é SBD. Divídese en 100 cents ou céntimos.
A moeda adóptase en 1977 trala independencia do arquipélago, en substitución do dólar australiano (AUD) en termos paritarios (1 SBD = 1 AUD). Nos 30 anos de existencia por separado, e especialmente durante a guerra civil dos anos 2000-2003, o dólar das Illas Salomón sufriu unha forte desvalorización e actualmente equivale a uns 20 céntimos de dólar australiano.
Son emitidos polo Banco Central das Illas Salomón (Central Bank of Solomon Islands), e circulan moedas de 1, 2, 5, 10, 20 e 50 céntimos e de 1 dólar (as de 1 e 2 céntimos son pouco empregadas), e billetes de 2, 5, 10, 20, 50 e 100 dólares. As Illas Salomón forman parte da Commonwealth de Nacións, polo que continúa tendo á raíña do Reino Unido nas súas moedas.
Taxas de troco
[editar | editar a fonte]- 1 EUR = 10,3591 SBD (18 de marzo de 2010)
- 1 USD = 7,612 SBD (28 de marzo de 2010)