Símbolos monetarios
¤ |
---|
Símbolos monetarios |
Signos ortográficos |
punto ( . ) coma ( , ) |
Outros signos auxiliares |
antilambda ( < > ) antígrafo ( ¶ ) |
Os símbolos monetarios son signos tipográficos ou abreviaturas empregados para representar moedas, e varían dunha divisa a outra. Moitos destes símbolos non aparecen no teclado ou son difíciles de introducir nun texto, polo que en ocasións emprégase no seu lugar o símbolo ¤, que representa unha moeda calquera.
Historia
[editar | editar a fonte]Os símbolos monetarios máis antigos foron evolucionando a partir de antigos signos gráficos, de forma que hoxe a relación co nome da moeda pode resultar pouco clara, como ocorre co símbolo do dólar ($) ou da libra esterlina (£), chamada en inglés pound, pero que ten a súa orixe na inicial da palabra latina libra.
A maioría dos símbolos modernos proveñen da inicial do nome da moeda á que se lle engade unha ou dúas barras ou trazos, dándolle un aspecto análogo ao símbolo $.
Uso
[editar | editar a fonte]Estes símbolos empréganse en certos contextos, segundo os costumes locais. Noutras ocasións utilízanse os códigos de tres letras definidos pola norma ISO 4217.
A colocación do símbolo en relación á cantidade depende do país ou da moeda, podendo colocarse antes do número (R$50,00), despois (50.00 SFr) ou mesmo no lugar da coma decimal, como era habitual no caso do escudo portugués (5000).
Os símbolos monetarios non levan punto nin teñen plural,[1] agás algunhas excepcións.
Lista de símbolos monetarios
[editar | editar a fonte]Para distinguir moedas co mesmo símbolo é habitual acompañar este con letras, por exemplo, A$ é o símbolo do dólar australiano. Estas diferenzas recóllense entre parénteses.
Símbolos
[editar | editar a fonte]Abreviaturas
[editar | editar a fonte]Símbolos monetarios non empregados na actualidade
[editar | editar a fonte]Símbolos
[editar | editar a fonte]Símbolo | Moeda |
---|---|
₳ | Austral arxentino (1985-1991) |
₡ | Colón salvadoreño |
₢ | Cruzeiro brasileiro (1942-1967) |
₠ | ECU |
Escudo portugués, cruzado brasileiro (Cz) | |
₣ | Franco francés (1988) |
£ | Libra australiana (A£), libra chipriota, libra fidxiana, libra irlandesa, libra israelí (ל"י ou I£), lira italiana, libra ou lira maltesa, libra neozelandesa (NZ$), lira sanmarinesa, lira vaticana |
₶ | Livre tournois (Francia) |
₰ | Pfennig |
$b | Peso boliviano |
Abreviaturas
[editar | editar a fonte]Símbolo | Moeda |
---|---|
Kčs | Coroa checoslovaca |
Sk | Coroa eslovaca |
KR | Coroa estoniana |
BAD | Dinar de Bosnia e Hercegovina |
din., дин. | Dinar iugoslavo |
sD | Dinar sudanés |
₯ | Dracma |
Eº | Escudo chileno |
ƒ | Florín holandés, florín das Antillas Neerlandesas (NAƒ) |
Fr | Franco belga, franco francés, franco luxemburgués |
I/. | Inti (Perú) |
kn | Kuna |
ლ | Lari (Xeorxia) |
Ls | Lats letón (Letonia) |
L | Libra chipriota, lira italiana, libra ou lira maltesa (Lm), lira sanmarinesa, lira vaticana |
DM, ℳ, ℛℳ | Marco alemán |
mk | Marco finlandés |
d | Penique |
₧ | Peseta española |
Lvr | Rublis (Lituania) |
руб. | Rublo ruso, rublo soviético |
Rs | Rupia india |
S/. | Sucre (Ecuador) |
S, Ös | Xilin austríaco |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Dosil López, Benxamín; Riveiro Costa, Xesús (2004). Dicionario de ortografía da lingua galega. A Coruña: Galinova Editorial. ISBN 84-9737-040-6.
- ↑ Eric P. Newman (1995): The dollar $ign : its written and printed origins. American Numismatic Association. Colorado Springs.
- ↑ Decreto Ley Nº 655
- ↑ "NBG - Georgian Lari Has Its Own Sign". Arquivado dende o orixinal o 20 de maio de 2019. Consultado o 26 de xuño de 2016.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2013. Consultado o 24 de decembro de 2013.
- ↑ "Executive orders and proclamations issued by the governor-general. [1903]". UM Library Digital Collections. University of Michigan. 1903. p. 89. Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2020. Consultado o 17 de agosto de 2020.
- ↑ Steven Perlberg (11 de decembro de 2013). "Currency Geeks Rejoice, Russia Has A New Symbol For The Rouble". Consultado o 24 de decembro de 2013.
- ↑ Times of India, ed. (2010-07-15). "Cabinet approves new rupee symbol". Consultado o 2010-07-15.
- ↑ 10 February 2017, Bishkek - 24.kg news agency: KGS gets own currency symbol
- ↑ upyernoz (7 de novembro de 2013). Rubber Hose, ed. "Tenge beats ruble". Consultado o 24 de decembro de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Símbolos monetarios |