Guión (signo de puntuación)
- |
---|
Guión |
Signos ortográficos |
punto ( . ) coma ( , ) |
Outros signos auxiliares |
antilambda ( < > ) antígrafo ( ¶ ) |
O guión (-) ou trazo[1][2] é un signo ortográfico auxiliar empregado para:
- indicar, ao final de liña dun texto, que a última palabra fica incompleta por falta de espazo, tendo que se continuar a escribir na liña seguinte;
- unir dúas partes dunha palabra composta;
- introducir un texto falado nun diálogo;
- dividir as sílabas dunha palabra cando se fai unha división silábica.
- separar opcionalmente na escrita a segunda forma do artigo cando esta se desenvolve tras verbos rematados en -r ou -s (vou come-lo caldo), despois dos pronomes átonos enclíticos "nos", "vos" e "lles" (deulle-los libros) e dos pronomes tónicos "nós" e "vós" (vó-los dous). Neste caso o seu uso só é obrigatorio tralo adverbio "u" (u-lo neno?).
Os guións longos (máis correctamente, raias) empréganse para separar as oracións incidentais máis necesarias cás encerradas entre parénteses; noutras palabras, serven para intercalar, sendo colocados antes e despois, un inciso no fluír do argumento.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para trazo.
- ↑ Servizo de Normalización Lingüística; Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia (2006). "O trazo ou guión" (PDF). Criterios para o uso da lingua. A Coruña: Universidade da Coruña. p. 56.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dosil López, Benxamín; Riveiro Costa, Xesús (2004). Dicionario de ortografía da lingua galega. A Coruña: Galinova Editorial. ISBN 84-9737-040-6.