Signos máis e menos
+ − |
---|
Signos máis e menos |
Signos ortográficos |
punto ( . ) coma ( , ) |
Outros signos auxiliares |
antilambda ( < > ) antígrafo ( ¶ ) |
Os signos de máis e menos (+ e −) son símbolos matemáticos empregados para representar o signo dun número ou as operación de sumar e restar.
Historia
[editar | editar a fonte]O uso de signos para representar a adición aparece xa no alfabeto xeroglífico, no que se representaba por dúas pernas andando no sentido do texto. Se aparecían no outro sentido representaban a subtracción:
|
En manuscritos de Nicole Oresme do século XIV pódense ver os primeiros usos dun signo semellante ao signo "+".[1]
A primeiros do século XV as letras "P" e "M" eran os empregados habitualmente. Os símbolos p̄ para più (máis) e m̄ para meno (menos) apareceron na obra Summa de arithmetica, geometria, proportioni et proportionalità de Luca Pacioli, publicada en Venecia en 1494.[2]
+ é unha simplificación da palabra latina "et" (e).[3] − pode derivar do til escrito sobre o m. No tratado de Johannes Widmann de 1489 xa aparecen estes dous signos. Robert Recorde, creador do signo igual introduciu estes símbolos en Inglaterra e 1557.
Signo máis
[editar | editar a fonte]O signo é un operador binario que indica adición, como en 2 + 3 = 5. Tamén pode aparecer como operador unario, para sinalar que un número é número positivo.
En diferentes campos das Matemáticas pode indicar outras operación, que habitualmente son chamadas tamén adición. En estruturas alxébricas adoita empregarse para denotar unha operación conmutativa.
Signo menos
[editar | editar a fonte]O signo menos ten tres usos principais en Matemáticas:
- Como operador binario para indicar subtracción, como en 5 – 3 = 2.
- Para sinalar un número negativo: -5.
- Para indicar o oposto dun número ou unha variable.
Outros usos
[editar | editar a fonte]En Matemáticas, o límite x→a+ significa x tende a a pola dereita e x→a− significa x tende a a pola esquerda.
Nos grupos sanguíneos indícase cun máis ou cun menos a presenza ou a ausencia do factor Rh.
Nalgunhas linguaxes de programación o signo máis equivale á concatenación de cadeas de caracteres: "a" + "b" = "ab".
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "The birth of symbols". Arquivado dende o orixinal o 08 de xullo de 2013. Consultado o 01 de xaneiro de 2014.
- ↑ Sangster, Alan; Stoner, Greg; McCarthy, Patricia (2008). "The market for Luca Pacioli’s Summa Arithmetica" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de xaneiro de 2018. Consultado o 1 de xaneiro de 2014.
- ↑ Cajori, Florian (1928). The Open Court Company, Publishers, ed. A History of Mathematical Notations, Vol. 1.