Tala samoana
Tala samoana | |
---|---|
Samoan tala Samoa tālā (samoano) | |
Código: | WST |
Ámbito: | Samoa |
Símbolo: | WS$ (nalgúns casos SAT, ST ou T) |
Fracción: | 100 (sene) |
Moedas: | 5, 10, 20, 50 sene e 1 tala |
Billetes: | 2, 5, 10, 20, 50 e 100 tala |
Emisor: | Banco Central de Samoa |
Taxa de troco: 14-09-2009 | 1 EUR = 3,3804 WST 1 USD = 2,4836 WST |
O Tala é a moeda de Samoa. Divídese en 100 sene. Os nomes son os equivalentes en samoano ás palabras galegas dólar e céntimo.
O tala foi introducido en 1967. Ata ese momento, Samoa empregara a libra samoana, coas moedas de Nova Zelandia e os seus propios billetes. O tala substituíu a libra a razón de 2 tala = 1 libra, e, polo tanto, igual á do dólar neozelandés. O tala mantívose igual ao dólar de Nova Zelandia, ata 1975.
O símbolo WS$ emprégase xeralmente para o tala,[1] aínda que SAT,[2] ST[3] e T,[4] parecen estar tamén en uso. Ás veces as cifras escríbense co signo do dólar diante e "tala" despois; por exemplo, $ 100 tala.[5]
Moedas
[editar | editar a fonte]En 1967, introducíronse moedas de 1, 2, 5, 10, 20 e 50 sene. Agás para as moedas de 1 e 2 sene de bronce, estas moedas foron acuñadas en cuproníquel. Moedas de Bronce de Aluminio de 1 tala introducíronse en 1984.
Billetes
[editar | editar a fonte]En 1967, o Banco de Samoa Occidental presentou billetes de 1, 2 e 10 tala. Os billetes de 5 tala engadíronse en 1980, cando a Xunta Monetaria de Samoa Occidental se fixo cargo da emisión de cartos de papel. En 1984 substituíronse os billetes de 1 tala por moedas e se introduciron billetes de 20 tala. En 1985, o Banco Central de Samoa, emitiu os seus primeiros billetes de 2, 5, 10 e 20 tala, e presentou billetes de 50 e 100 tala en 1990. Tamén se introduciron billetes de polímero de 2 tala en 1990. A finais de 2005 introducíronse novos billetes de papel de 5 a 100 tala. O 1 de agosto de 2008, o banco central emitiu unha nova serie de billetes en polímero con denominacións de 5 a 100 tala.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Apartado da páxina oficial do Banco Central sobre os cartos en circulación
- ↑ http://www.samoarealty.ws/commercial_properties/top_cp.htm Samoa Realty Ltd.
- ↑ http://www.lonelyplanet.com/worldguide/destinations/pacific/samoa?a=facts Guía turística de Samoa
- ↑ Currency Symbol WST (Samoan Tala)
- ↑ http://www.cbs.gov.ws/currency/collectables/ Arquivado 25 de novembro de 2010 en Wayback Machine. Material numismático para coleccionistas do Banco Central de Samoa
- ↑ "Noticias sobre as novas emisións de billetes samoanos (01.08.2008)". Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2009. Consultado o 18 de marzo de 2010.