Franco ruandés
Franco ruandés | |
---|---|
Franc Rwandais (en francés) Ifaranga y'u Rwanda (en ruanda) | |
Código: | RWF |
Ámbito: | Ruanda |
Símbolo: | FRw, RF, R₣ |
Fracción: | 100 centimes |
Moedas: | 1, 2, 5, 10, 20, 50 e 100 [1] francos |
Billetes: | 500, 1000, 2000, 5000 francos |
Emisor: | Banque Nationale du Rwanda |
Taxa de troco: 26-09-2011 | 1 EUR = 802,0671 RWF 1 USD = 596 RWF |
O franco ruandés (en ruanda Ifaranga y'u Rwanda, e en francés Franc Rwandais) é a moeda de Ruanda dende 1960. O seu código ISO 4217 é RWF, e o seu símbolo actual é FRw,[2], tamén RF[3] ou R₣;[4]. Subdivídese en 100 centimes[5], mais actualmente non se emprega a moeda fraccionaria.
Historia
[editar | editar a fonte]O franco converteuse na moeda de Ruanda en 1916, cando Bélxica ocupou a antiga colonia alemá, e o franco do Congo Belga pasou a substituír a rupia da África Oriental Alemá. Ruanda empregou a moeda do Congo Belga ata 1960, ano no que se introduciu o franco de Ruanda e Burundi. Catro anos máis tarde, en 1964, Ruanda comezou a emitir os seus propios francos.
Existen plans para introducir unha moeda común, o novo xilin da África Oriental, para os cinco estados membros da East African Community a finais do 2012.[6]
Billetes
[editar | editar a fonte]En 1964, os billetes emitidos polo Banco Central de Ruanda-Urundi foron reutilizados estampándolles un selo propio de Ruanda. Estes billetes tiñan denominacións de 20, 50, 100, 500 e 1.000 francos. A estes seguíronlles novas emisións propias nas mesmas denominacións. En 1977 substituíronse os billetes de 20 e 50 francos por moedas, e en 1978 engadiuse o billete de 5.000 francos. No 2007 introduciuse un novo billete de 2.000 francos.
Tralo xenocidio de Ruanda en 1994, imprimíronse novas series de billetes eliminando os antigos escudos de armas do país e outras insignias que recordaran o antigo réxime.
A última serie de billetes emitidos á a seguinte:
Denominación | Efixie | Cor predominante | Dimensións |
---|---|---|---|
100 Francos | Bois e Lago Kivu | Laranxa | 65 x 130 mm |
500 Francos | Edificio do Banco Nacional e plantación de té | Verde | 72 x 135 mm |
1.000 Francos | Museo Nacional e Cercopithecus mitis | Azul | 72 x 140 mm |
2.000 Francos | Antena parabólica | Rosa | 72 x 142 mm |
5.000 Francos | Gorilla beringei beringei | Violeta | 72 x 145 mm |
Moedas en circulación
[editar | editar a fonte]En 1964 introducíronse moedas de 1, 5 e 10 francos, a primeira e última en cuproníquel e a de 5 francos de broncealuminio. En 1969 substituiuse o níquel por aluminio nas denominacións de 1 franco, e en 1970 engadíronse moedas de ½ e 2 francos, tamén de aluminio. En 1974 reduciuse o tamaño das moedas de 10 francos, e en 1977 acuñáronse novas denominacións de 20 e 50 francos de latón.
Ao igual que cos billetes, acuñáronse novos deseños eliminando os símbolos e insignias das emisións anteriores a 1994.
Denominación | Período de circulación | Metal | Diámetro (mm.) | Peso (gr.) | Anverso | Reverso | Imaxe |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 Franco | 1974-1985 | Aluminio | 21,00 | 1,00 | Sorgo e ano | Valor facial e escudo de armas | |
2 Francos | 1970 | Aluminio | 23,50 | 1,50 | Home con agaseke e ano | Valor facial e escudo de armas | |
5 Francos | 1974-1987 | Latón | 25,50 | 5,00 | Coffea e ano | Valor facial e escudo de arnas | |
10 Francos | 1974-1985 | Cuproníquel | 26,50 | 7,10 | Coffea e ano | Valor facial e escudo de armas | |
20 Francos | 1982-1989 | Latón | 27,00 | 8,10 | Banana e ano | Valor facial e escudo de armas | |
50 Francos | 1977 | Latón | 29,00 | 10,10 | Planta e ano | Valor facial e escudo de armas |
A última serie de moedas acuñada detállase a continuación:
Denominación | Circula dende |
Metal | Forma | Diámetro (mm.) | Peso (gr.) | Canto | Anverso | Reverso | |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Anel | Centro | ||||||||
1 Franco | 2003 | Aluminio | Circular | 16,00 | 0,70 | Liso | Sorgo e ano | Escudo e valor facial | |
5 Francos | 2003 | Latón | Circular | 20,00 | 3,00 | Liso | Coffea e ano | Escudo e valor facial | |
10 Francos | 2003 | Latón | Circular | 24,00 | 5,00 | Liso | Banana e ano | Escudo e valor facial | |
20 Francos | 2003 | Aceiro | Circular | 20,00 | 3,50 | Liso | Planta e ano | Escudo e valor facial | |
50 Francos | 2003 | Aceiro | Circular | 24,00 | 5,80 | Liso | Millo e ano | Escudo e valor facial | |
100 Francos | 2007 | Níquel | Cobre | 26,00 | 7,50 | Liso |
A composición da moeda de 1 franco é dun 98% de aluminio e un 2% de magnesio, mentres que as moedas de 5 e 10 francos son de bronce. Os compoñentes das moedas de 20 francos e 50 francos son aceiro e níquel prateado. No 2008 entrou en circulación a moeda bimetálica de 100 francos composta de aceiro inóxidable con núcleo chapado en cobre e anel de níquel.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Worldcoinnews.blogspot.com. "Rwandan francs."
- ↑ National Bank of Rwanda. "Currency characteristics Arquivado 03 de abril de 2011 en Wayback Machine.
- ↑ University of British Columbia: Saunders School of Business. "Currencies of the World Arquivado 29 de novembro de 2011 en Wayback Machine.
- ↑ Lonely Planet. "Rwanda
- ↑ National Bank of Rwanda. "Legal tender Arquivado 03 de abril de 2011 en Wayback Machine.
- ↑ "East African common market begins". Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2012. Consultado o 26 de setembro de 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web do Banque Nationale du Rwanda Arquivado 01 de febreiro de 2018 en Wayback Machine.