Saltar ao contido

Dólar tuvalés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dólar tuvalés
Tuvaluan dollar en inglés
Código:AUD ou TVD (non oficial)
Ámbito: Tuvalu (xunto co dólar australiano)
Símbolo:$, T$ ou TV$
Fracción:100 cents (¢)
Moedas:5, 10, 20 e 50 cents
1 dólar
Billetes:circulan billetes de dólar australiano
Emisor:Banco de Reserva de Australia
Taxa de troco:
12-08-2011
1 EUR = 1,3761 TVD
1 USD = 0,9658 TVD
ou TVD (non oficial)&submit=Convertir Troco actual

O dólar tuvalés (en inglés Tuvaluan dollar ou simplemente dollar) é a moeda oficial de Tuvalu dende 1976. A pesar de todo, o dólar de tuvalés non é legalmente unha unidade monetaria independente, senón que se trata dunha emisión especial de moedas do dólar australiano coa efixie da raíña Isabel II no anverso, e motivos da fauna do arquipélago no reverso. Os billetes empregados en Tuvalu son os mesmos que os australianos, ademais as moedas australianas tamén circulan co mesmo valor que as de Tuvalu. O dólar tuvalés ten unha relación co dólar australiano similar á existente entre a coroa feroesa e a coroa dinamarquesa.

Como o dólar de Tuvalu non é unha moeda independente, non ten un código ISO específico e polo tanto comparte o código estándar internacional das moedas australianas, AUD. Normalmente abréviase como $ ou T$ para diferencialo do dólar estadounidense e doutros tipos de dólares.

A taxa de troco é a mesma que a do dólar australiano, a moeda de valor legal en Tuvalu.

Reverso das moedas de 10, 20, 50 centavos e dun dólar de Tuvalu.

En 1976, as moedas foron introducidas en denominacións de 1, 2, 5, 10, 20 e 50 centavos e dun dólar. As moedas de 1 e 2 centavos foron acuñadas en bronce, as de 5, 10 e 20 centavos en cuproníquel e son do mesmo tamaño e composición que as moedas australianas deses valores. Non obstante, a moeda de 50 centavos, tamén de cuproníquel, é distinta á dodecagonal moeda de 50 centavos australiana e a moeda dun dólar tuvalé posúe nove lados e foi acuñada en cuproníquel. Como en Australia, as moedas de 1 e 2 centavos foron retiradas da circulación, mais as moedas de 2 dólares non se introduciron, como si se fixo en Australia.

Os reversos das distintas moedas teñen os seguintes motivos:

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]