Paʻanga
Paʻanga | |
---|---|
Paʻanga en tongano | |
Código: | TOP |
Ámbito: | Tonga |
Símbolo: | T$ |
Fracción: | 100 seniti (¢) |
Moedas: | 1, 2, 5, 10, 20 e 50 seniti |
Billetes: | 1, 2, 5, 10, 20, 50, 100 T$ |
Emisor: | Banco Nacional de Reserva de Tonga |
Taxa de troco: 12-08-2011 | 1 EUR = 2,354 TOP 1 USD = 1,6516 TOP |
O paʻanga[1] é a moeda oficial de Tonga. Un paʻanga divídese en cen seniti. O seu código ISO é TOP e a súa abreviación é T$ ou ¢ para o seniti. Existe tamén a unidade hau, equivalente a cen paʻangas, mais non estea en circulación e unicamente se emprega en moedas conmemorativas. A paʻanga é emitida polo Banco Nacional de Reserva de Tonga (Pangike Pule Fakafonua 'o Tonga ou National Reserve Bank of Tonga).
Historia
[editar | editar a fonte]Pa‘anga era o nome do lugar onde tirar cantos rodados sobre a superficie da auga para que rebotaran. En 1806 os habitantes da illa Lifuka atacaron o barco inglés Port-au-Prince, saqueárono e queimárono. Entre os superviventes destacou William Mariner, de quince anos, que foi acollido por Finau, o xefe dos tonganos, interesado en aprender cousas do mundo occidental. Entroutras cousas, Mariner explicoulle que era o diñeiro e para qué servían as pezas de ouro e que tiñan un valor máis alto que as pedras que eles empregaban para xogar.
En 1967, cando se adoptou o sistema decimal, substituíu a libra de Tonga (T£) por unha nova unidade e recuperouse o nome de paʻanga que adquirira o significado de diñeiro.
Moedas e billetes
[editar | editar a fonte]Unicamente existen moedas con denominacións para os seniti (1, 2, 5, 10, 20 e 50). As moedas de 1, 2 e 3 pa'angas son para coleccionistas.
Os billetes teñen denominacións de 1, 2, 5, 10, 20, 50 e 100 paʻangas. O anverso está en tongano, co retrato do rei Taufa‘ahau Tupou IV, e o reverso está en inglés, con motivos típicos de Tonga.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Paʻanga |