Saltar ao contido

Dólar de Singapur

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dólar de Singapur
新加坡元 (Xīnjiāpō Yuán) en chinés
Ringgit Singapura en malaio
சிங்கப்பூர் வெள்ளி Siṅkappūr veḷḷi en támil
Singaporean dollar en inglés
Código:SGD
Ámbito:Singapur Singapur
Brunei Brunei
Símbolo:S$
Fracción:100 centavos
Moedas:1, 5, 10, 20, 50 centavos e 1 dólar
Billetes:2, 5, 10, 20, 50, 100, 1.000 e 10.000 dólares
Emisor:Autoridade Monetaria de Singapur http://www.mas.gov.sg
Taxa de troco:
21-2-2014 [1]
1 EUR = 1.73 SGD
1 USD = 1.26 SGD
Troco actual

O dólar (en chinés: 元, támil: வெள்ளி, malaio: Ringgit, e inglés: dollar), é a moeda de curso legal de Singapur. Divídese en 100 centavos e o seu código ISO 4217 é SGD. Normalmente adóitase abreviar utilizando o símbolo do dólar e engadindo a letra S para diferencialo doutros dólares: S$.

Entre 1845 e 1939 Singapur utilizou o dólar do Estreito. Este foi substituído polo dólar malaio e, desde 1953, o dólar de Malaia e Borneo, que foron emitidos polo Consello Monetario para Malaia e Borneo.

Singapur seguiu utilizando a moeda común ata que se integrou en Malaisia en 1963, pero dous anos despois independizouse, e desligouse a unión monetaria con Malaisia e Brunei. O 7 de abril de 1976, Singapur estableceu un Consello Monetario e emitiu as primeiras moedas e billetes. De todos os xeitos, o dólar de Singapur cambiábase á vez co ringgit malaio ata 1973, e hoxe en día mantén esa intercambiabilidade co dólar de Brunei.

Ao principio, o dólar de Singapur fixouse á libra esterlina cunha taxa de cambio de 60 SGD = 7 GBP. Esta taxa mantívose ata a decimalización de todas as moedas baseadas na libra esterlina a principios dos 70. Tras este cambio, Singapur fixou a súa taxa de cambio en base ao dólar durante un curto período de tempo. Co desenvolvemento económico do país e a diversificación dos seus intercambios entre distintos países, Singapur fixou a súa taxa de cambio definitiva a unha cesta de divisas entre 1973 e 1985. Desde 1985 en diante, Singapur adoptou un sistema de mercado baseado no réxime de cambio de divisas, no que o dólar de Singapur tiña a propiedade de ser unha moeda flutuante, pero fortemente controlada pola Autoridade Monetaria de Singapur en comparación coas demais divisas coas que Singapur realizaba intercambios. Isto en teoría dálle un maior control ao goberno de Singapur sobre a inflación importada e para asegurar que as exportacións sexan máis competitivas. Toda a moeda emitida por Singapur está amplamente apoiada polo mercado internacional para manter a confianza do público. O 1 de outubro de 2002 o Consello Monetario de Singapur disolveuse, e as súas funcións e competencias foron asumidas pola Autoridade Monetaria de Singapur.

No 1967, introducíronse as primeiras series de moedas en denominacións de 1, 5, 10, 20, 50 centavos e 1 dólar. Exceptuando a moeda de 1 centavo, todas as demais cuñáronse en cuproníquel. En 1985 introduciuse unha nova serie nas mesmas denominacións, só que os tamaños, os metais e os deseños varían.[2][3]

Estas moedas foron cuñadas na Casa da Moeda de Singapur, que acababa de establecerse.[3][4]

Primeira serie, 1967-1984
Denominación Emisión Metal Canto Diámetro
(mm)
Peso
(g)
Grosor
(mm)
Anverso Reverso
1 Centavo 1967-1984 Cu+Zn Liso 17,80 1,94 1,11 Vivendas de protección oficial e fonte 1 CENT - Espigas de arroz - SINGAPORE - ano de cuñaxe
5 Centavos 1967-1984 Cu+Ni Estriado 16,26 1,41 1,01 Anhinga oriental 5 CENTS - Espigas de arroz - SINGAPORE - ano de cuñaxe
10 Centavos 1967-1984 Cu+Ni Estriado 19,41 2,83 1,39 Cabalo de mar 10 CENTS - Espigas de arroz - SINGAPORE - ano de cuñaxe
20 Centavos 1967-1984 Cu+Ni Estriado 23,60 5,66 1,77 Pez espada 20 CENTS - Espigas de arroz - SINGAPORE - ano de cuñaxe
50 Centavos 1967-1984 Cu+Ni Estriado 27,76 9,33 2,03 Pez león 50 CENTS - Espigas de arroz - SINGAPORE - ano de cuñaxe
1 Dólar 1967-1984 Cu+Ni Estriado 33,32 16,85 2,38 León de Singapur $1 - Espigas de arroz - SINGAPORE - ano de cuñaxe
Segunda serie, 1985-2013
Denominación Emisión Metal Canto Diámetro
(mm)
Peso
(g)
Grosor
(mm)
Anverso Reverso
1 Centavo 1985-2013 Cu+Zn Liso 15,90 1,24 1,10 Escudo de armas - SINGAPORE - SINGAPURA - 新加坡 - சிங்கப்பூர் - ano de cuñaxe 1 - ONE CENT - Orquídeas
5 Centavos 1985-2013 Cu+Ni+Zn Estriado 16,75 1,56 1,22 Escudo de armas - SINGAPORE - SINGAPURA - 新加坡 - சிங்கப்பூர் - ano de cuñaxe 5 - FIVE CENTS - Costela de Adán
10 Centavos 1985-2013 Cu+Ni Estriado 18,50 2,60 1,38 Escudo de armas - SINGAPORE - SINGAPURA - 新加坡 - சிங்கப்பூர் - ano de cuñaxe 10 - TEN CENTS - Xasmín estrullado
20 Centavos 1985-2013 Cu+Ni Estriado 21,36 4,50 1,72 Escudo de armas - SINGAPORE - SINGAPURA - 新加坡 - சிங்கப்பூர் - ano de cuñaxe 20 - TWENTY CENTS - Calandra
50 Centavos 1985-2013 Cu+Ni Estriado
REPUBLIC OF
SINGAPORE
24,66 7,29 2,06 Escudo de armas - SINGAPORE - SINGAPURA - 新加坡 - சிங்கப்பூர் - ano de cuñaxe 50 - FIFTY CENTS - Trompeta de ouro
1 Dólar 1985-2013 Cu+Ni+Zn Estriado
REPUBLIC OF
SINGAPORE
22,40 6,30 2,40 Escudo de armas - SINGAPORE - SINGAPURA - 新加坡 - சிங்கப்பூர் - ano de cuñaxe $1 - ONE DOLLAR - Lochnera rosea

O 21 de febreiro de 2013 a Autoridade Monetaria de Singapur anunciou a emisión dunha nova serie de moedas que entraron en circulación o 26 de xuño de 2013, representando símbolos nacionais e paisaxes de Singapur.[5][6]

O 12 de xuño de 1967, emitíronse as primeiras series de billetes coñecidos como a "Serie das Orquídeas". Introducíronse as denominacións de 1, 5, 10, 50, 100 e 1.000 dólares. En 1972 engadíronse denominacións de 25 e 500 dólares, seguidos dos billetes de 10.000 dólares en 1973. Entre 1976 e 1980 introduciuse unha nova serie, coñecida como a "Serie dos Paxaros". Esta serie engadiu unha denominación de 20 dólares en 1979. A "Serie dos Barcos" introduciuse ntre 1985 e 1989 nas mesmas denominacións excepto porque non se introduciu o billete de 20 dólares, e engadiuse un de 2 dólares.

A serie actual introduciuse en 1999, coa omisión das denominacións de 1 e 500 dólares. Nos billetes aparece o retrato do primeiro presidente da República de Singapur, Yusof bin Ishak. Esta serie ten billetes impresos en papel normal e en polímero.

Tamén se emiten billetes conmemorativos en cantidades concretas, por exemplo o de 20 dólares emitido o 27 de xuño de 2007 para conmemorar os corenta anos do acordo monetario entre Singapur e Brunei.

Serie de retrato, 1999-
Denominación Cor predominante Dimensións Descrición do anverso Descrición do reverso
2 Dólares Violeta 126 x 63 mm 2 - TWO DOLLARS - Yusof bin Ishak - Escudo de armas - SINGAPORE - 新加坡 - சிங்கப்பூர் - SINGAPURA 2 - Estudantes - Victoria Bridge School - Raffles Institution - Facultade de Medicina
5 Dólares Verde 133 x 66 mm 5 - FIVE DOLLARS - Yusof bin Ishak - Escudo de armas - SINGAPORE - 新加坡 - சிங்கப்பூர் - SINGAPURA 5 - Xardín Botánico de Singapur - Tembusu
10 Dólares Vermello 141 x 69 mm 10 - TEN DOLLARS - Yusof bin Ishak - Escudo de armas - SINGAPORE - 新加坡 - சிங்கப்பூர் - SINGAPURA 10 - Deportistas
20 Dólares Amarillo 145 x 69 mm 20 - TWENTY DOLLARS - Yusof bin Ishak - Escudo de armas - SINGAPORE - 新加坡 - சிங்கப்பூர் - SINGAPURA 20 - Vista da cidade de Singapur - Mesquita de Omar Ali Saifuddin en Bandar Seri Begawan - FORTY YEARS CURRENCY INTERCHANGEABILITY AGREEMENT 1967-2007 - SINGAPORE - BRUNEI DARUSSALAM
50 Dólares Azul 156 x 74 mm 50 - FIFTY DOLLARS - Yusof bin Ishak - Escudo de armas - SINGAPORE - 新加坡 - சிங்கப்பூர் - SINGAPURA 50 - Instrumentos musicais: frauta chinesa, kompang malaio, veena india e violín
100 Dólares Laranxa 162 x 77 mm 100 - ONE HUNDRED DOLLARS - Yusof bin Ishak - Escudo de armas - SINGAPORE - 新加坡 - சிங்கப்பூர் - SINGAPURA 100 - Voluntarios da Cruz Vermella de Singapur, a Brigada de St. John's Ambulance e o Corpo de Cadetes da Policía Nacional
1.000 Dólares Violeta 170 x 83 mm 1000 - ONE THOUSAND DOLLARS - Yusof bin Ishak - Escudo de armas - SINGAPORE - 新加坡 - சிங்கப்பூர் - SINGAPURA 1000 - Edificio Istana - Parlamento de Singapur - Corte Suprema de Justicia
10.000 Dólares Amarillo 180 x 90 mm 10000 - TEN THOUSAND DOLLARS - Yusof bin Ishak - Escudo de armas - SINGAPORE - 新加坡 - சிங்கப்பூர் - SINGAPURA 10000 - Microchip - Técnico con ordenador - Secuencia dunha proteína
  1. http://es.coinmill.com/EUR_SGD.html#EUR=1
  2. "Circulation Currency: Coins". Monetary Authority of Singapore.
  3. 3,0 3,1 "Coins from Singapore". Numista.com
  4. "Circulation Currency: Coins". Monetary Authority of Singapore.
  5. Singapore 2013 - New coin family World Coin News (worldcoinnews.blogspot.com). Consultado o 21-2-2013.
  6. The new coins of Singapore Monetary Authority of Singapore (www.mas.gov.sg). Consultado o 21-2-2013.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]