Dólar de prata do centenario dos Boy Scouts dos Estados Unidos
Dólar de prata do centenario dos Boy Scouts dos Estados Unidos | |
---|---|
![]() | |
A/: Tres Boy Scouts en posición de saúdo.
Lendas: CONTINUING THE JOURNEY / 1910 - 2010 / IN GOD WE TRUST / LIBERTY |
R/: Logotipo dos Boy Scout dos Estados Unidos. Marca de ceca (P).
Lenda: UNITED STATES OF AMERICA / BOY SCOUTS OF AMERICA/ BE PREPARED / E PLURIBUS UNUM / ONE DOLLAR |
O dólar de prata do centenario dos Boy Scouts dos Estados Unidos é unha moeda conmemorativa, non circulante, emitida pola Casa da Moeda dos Estados Unidos en 2010 e cuñada pola Ceca de Filadelfia.
Esta moeda dun dólar foi autorizada pola Lei 110-363, do 8 de outubro de 2008,[1] pola que se creaba unha moeda conmemorativa do centenario dos Boy Scouts dos Estados Unidos.[2]
Deseño
[editar | editar a fonte]O secretario do Tesouro, Timothy F. Geithner, aprobou os deseños para o dólar conmemorativo do centenario dos Boy Scouts dos Estados Unidos o 16 de setembro de 2009, logo de consultar coa organización Boy Scout dos EEUU, a Comisión de Belas Artes dos EEUU e o Comité Consultivo Cidadán sobre a Moeda.[2][3]
Os responsables do seu anverso foron a deseñadora Donna Weaver e o gravador Charles L. Vickers. Nel represéntase en primeiro plano un "lobeto" —a rama infantil— e detrás del un Boy Scout e unha rapaza do programa Venturing —a rama xuvenil—, todos eles en posición de saúdo.[2][4]
Pola súa banda, a parte central do reverso está ocupada polo logotipo da organización Boy Scouts dos Estados Unidos.[2][4]
Produción e comercialización
[editar | editar a fonte]A lei que autorizou a emisión destas moedas conmemorativas prevía unha tiraxe máxina de 350.000 exemplares. A moeda produciuse na Casa da Moeda de Filadelfia[2] e estivo dispoñible para a súa adquisición por parte da poboación a partir do 23 de marzo de 2010.[5]
A súa produción foi de 244.963 dólares na súa condición estándar e 105.020 con acabamento especial (proof).[6] A súa comercialización foi un éxito, de maneira que xa na primeira semana se venderan 214.673 moedas e ao pouco tempo acabou esgotándose a tiraxe máxima autorizada.[4]
A moeda comercializouse aos prezos de 35,95 dólares en condición estándar e 43,95 en condición proof,[5][4] e o beneficio conseguido coa súa venda destinouse á Fundación Nacional de Boy Scouts dos Estados Unidos, para poder financiar os seus consellos locais e estender, deste xeito, o scoutismo nas zonas de difícil acceso.[2][4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Public Law 110-363 - OCT. 8. 2008". Govinfo.gov
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 "Boy Scouts of America Centennial Silver Dollar". United States Mint.
- ↑ "United States Mint Unveils Designs for 2010 Boy Scouts of America Centennial Silver Dollar Commemorative Coin". United States Mint.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 "1 Dollar Boy Scouts of America Centennial". Numista.com
- ↑ 5,0 5,1 "2010 Boy Scouts of America Centennial Silver Dollar Available March 23". United States Mint.
- ↑ "Historical Commemorative Coin Sales Figures: 2010 Boy Scouts of America Centennial Silver Dollar". United States Mint.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "2010 Boy Scouts Silver Dollar" (ModernCommemoratives.com)