DS-P1
Aparencia
DS-P1 foi o nome dun modelo de satélites artificiais soviético que serviron como obxectivos para os radares militares terrestres da Forza Aérea da Unión Soviética e o desenvolvemento dunha metodoloxía de detección de obxectos no espazo próximos á Terra.[1][2]
Os satélites DS-P1 foron os primeiros satélites deseñados pola oficina de deseño Yuzhnoye en usar células solares, colocadas en forma de dodecaedro arredor do contedor principal que formaba o corpo do satélite. En total lanzáronse catro satélites da serie DS-P1, todos exitosos menos o segundo[1][2]
Historial de lanzamentos
[editar | editar a fonte]Data[1][2] | Rampla de lanzamento[1][2] | Carga[1][2] | Resultado[1][2] | Notas[1][2] |
---|---|---|---|---|
30 de xuño de 1962 | Kapustin Yar | Kosmos 6 | Éxito | Primeiro voo dun DS-P1. |
6 de abril de 1963 | Kapustin Yar | DS-P1 Nº2 | Fallo | Fallo da primeira etapa. |
6 de agosto de 1963 | Kapustin Yar | Kosmos 19 | Éxito | |
27 de febreiro de 1964 | Kapustin Yar | Kosmos 25 | Éxito | Último voo dun DS-P1. |