Kosmos 19
Kosmos 19 | |
---|---|
Tipo | Militar |
Destino actual | Reentrado na atmosfera. |
Data de lanzamento | 6 de agosto de 1963, 6:00 GMT[1][2][3] |
Foguete portador | Kosmos[2][4] |
Sitio de lanzamento | Kapustin Yar[2] |
Obxectivo da misión | Servir de obxectivo para os radares militares terrestres.[2] |
Decaemento | 30 de marzo de 1964[1] |
NSSDC ID | 1963-033A |
Masa | 355 kg[5] |
Kosmos 19 (Космос 19 en ruso), tamén denominado DS-P1 Nº3, foi un satélite artificial soviético lanzado o 6 de agosto de 1963 mediante un foguete Kosmos desde Kapustin Yar.[2][4]
Características
[editar | editar a fonte]Kosmos 19 foi o terceiro membro (e segundo lanzado con éxito) da serie de satélites DS-P1, adicados a servir como obxectivos dos radares militares terrestres para a súa calibración e para a elaboración dunha metodoloxía de detección de obxectos no espazo próximos á Terra. Usaba células solares colocadas en forma de dodecaedro arredor do contedor principal que formaba o corpo do satélite.[5]
Foi inxectado nunha órbita inicial de 519 km de apoxeo e 270 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 49 graos e un período de 92,1 minutos.[3][5]
Kosmos 19 reentrou na atmosfera o 30 de marzo de 1964.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "COSMOS 19" (en inglés). Consultado o 24 de xullo de 2012.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 NASA (14 de maio de 2012). "Cosmos 19" (en inglés). Consultado o 24 de xullo de 2012.
- ↑ 3,0 3,1 "Letter dated 13 September 1963 from the Permanent Representative of the Union of Soviet Socialist Republics addressed to the Chairman of the Committee on the Peaceful Uses of Outer Space". COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (62-16858): 2. 18 de setembro de 1963. A/AC.105/INF.046. Consultado o 15 de xullo de 2019.
- ↑ 4,0 4,1 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "DS-P1" (en inglés). Consultado o 24 de xullo de 2012.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Mark Wade (2011). "DS-P1" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2009. Consultado o 24 de xullo de 2012.