DS-U1-IK
DS-U1-IK foi o nome dun modelo de satélites artificiais soviético adicado ó estudo da ionosfera terrestre.[1][2]
En total lanzáronse dous satélites da serie DS-U1-IK: o Interkosmos 2 o 25 de decembro de 1969, e o Interkosmos 8 o 30 de novembro de 1972. Interkosmos 2 foi lanzado desde a base de Kapustin Yar, mentres que Interkosmos 8 foi lanzado desde o cosmódromo de Plesetsk. Ámbolos dous foron lanzados con éxito mediante foguetes Kosmos 2I.[1][2]
Os dous satélites da serie DS-U1-IK enmarcáronse no programa Interkosmos de colaboración internacional entre a Unión Soviética e outros países. Os satélites foron construídos pola oficina de deseño de Yuzhnoye, con variacións introducidas por V. F. Chutkin e V. S. Budnik para esta serie en particular.[1][2]
Historial de lanzamentos
[editar | editar a fonte]Data[1][2] | Rampla de lanzamento[1][2] | Carga[1][2] | Resultado[1][2] | Notas[1][2] |
---|---|---|---|---|
25 de decembro de 1969, 9:59 GMT | Kapustin Yar | Interkosmos 2 | Éxito | Primeiro voo dun DS-U1-IK. |
30 de novembro de 1972, 21:49 GMT | Cosmódromo de Plesetsk | Interkosmos 8 | Éxito | Último voo dun DS-U1-IK. |
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Agapov, V (1997). "K zapusku pervovo ISZ serii 'DS'". Novosti Kosmonavtiki (6).
- "AUOSi prodolzhayut rabotu". Novosti Kosmonavtiki (21): 43. 1995.
- Siddiqi, Asif A (2003). University Press of Florida, ed. The Soviet Space Race With Apollo.