Interkosmos 8
Interkosmos 8 | |
---|---|
Tipo | Científico |
Destino actual | Reentrado na atmosfera.[1] |
Data de lanzamento | 30 de novembro de 1972, 21:49 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Kosmos 2I[2][5] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Plesetsk[2] |
Obxectivo da misión | Estudo da ionosfera terrestre a altas latitudes.[2] |
Decaemento | 2 de marzo de 1973[1] |
NSSDC ID | 1972-094A |
Masa | 340 kg[6] |
Interkosmos 8 (Интеркосмос 8 en ruso), tamén denominado DS-U1-IK Nº 2, foi un satélite artificial soviético lanzado o 30 de novembro de 1972 mediante un foguete Kosmos 2I desde o cosmódromo de Plesetsk.[2][5][7]
Características
[editar | editar a fonte]Interkosmos 8 foi o segundo e último membro da serie de satélites DS-U1-IK e estaba adicado ó estudo da ionosfera terrestre, á medición da concentración de electróns e ións positivos na mesma, a medi-la temperatura de electróns no espazo entre o satélite e a superficie terrestre e medi-los fluxos de electróns con enerxías maiores de 40 keV e dos protóns a enerxías maiores de 1 MeV.[2][3][6]
Interkosmos 8 estaba enmarcado dentro do programa de colaboración internacional Interkosmos entre a Unión Soviética e outros países e deseñouse como unha continuación da misión de Interkosmos 2. Foi inxectado nunha órbita inicial de 679 km de apoxeo e 214 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 71 graos e un período de 93,1 minutos. Reentrou na atmosfera o 2 de marzo de 1973.[1][3][6]
Instrumentación
[editar | editar a fonte]Bulgaria proporcionou unha trampa de ións, e Checoslovaquia e a República Democrática Alemá contribuíron con diversos instrumentos, aínda que a maior parte do equipo de a bordo era soviético.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "Intercosmos 8" (en inglés). Consultado o 24 de agosto de 2012.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (14 de maio de 2012). "Intercosmos 8" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2012. Consultado o 24 de agosto de 2012.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Letter dated 15 March 1973 from the First Deputy Permanent Representative of the Union of Soviet Socialist Republics addressed to the Chairman of the Committee on the Peaceful Uses of Outer Space" (73-05205). 19 de marzo de 1973: 3. http://www.unoosa.org/oosa/osoindex/data/documents/ru/a/aac.105inf.268.html. Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2019. Consultado o 15 de xullo de 2019.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "Interkosmos 8" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2012. Consultado o 24 de agosto de 2012.
- ↑ 5,0 5,1 Gunter Dirk Krebs (31 de marzo de 2012). Gunter's Space Page, ed. "Interkosmos 2, 8 (DS-U1-IK)" (en inglés). Consultado o 24 de agosto de 2012.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 Mark Wade (2011). "DS-U1-IK" (en inglés). Consultado o 24 de agosto de 2012.
- ↑ "INTERCOSMOS 8 LAUNCHED" (PDF). 14 de decembro de 1972: 883. FLIGHT International. Consultado o 24 de agosto de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Pfau, H. (1 de abril de 1975). Computerized processing of data from Interkosmos-7 and Interkosmos-8 satellite experiments. pp. 1–5. 19750013882. Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2015. Consultado o 24 de agosto de 2012.
- Serafimov, K.; Kutiev, I.; Arsov, J.; Dachev, Ts.; Stanev, G.; Gdalevich, G. L.; Afonin, V. V.; Gubskii, V. F.; Ozerov, V. D.; Schmilauer, Y. (1976). "Study of the equatorial ionosphere by the INTERCOSMOS 8 satellite". Space research XVI; Proceedings of the Open Meetings of Working Groups on Physical Sciences, May 29-June 7, 1975, and Symposium and Workshop on Results from Coordinated Upper Atmosphere Measurement Programs, Varna, Bulgaria, May 29-31, 1975. (A77-23951 09-88) Berlin, East Germany, Akademie-Verlag GmbH: 417–421.