Saltar ao contido

Daniel Cornellà

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDaniel Cornellà

Dani Cornellà (2021) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1978 Editar o valor en Wikidata (45/46 anos)
Celrà, España Editar o valor en Wikidata
Deputado do Parlamento de Cataluña
12 de marzo de 2021 – 13 de xuño de 2022 – Nogay Ndiaye i Mir (pt) Traducir →

Circunscrición electoral: Xirona

Alcalde de Celrà
13 de xuño de 2015 – 9 de marzo de 2021
← Gerard Fernández TatjéDavid Planas Lladó →
Alcalde de Celrà
11 de xuño de 2011 – 2013
← Francesc Camps i SaguéGerard Fernández Tatjé →
Celrà city councillor (en) Traducir
16 de xuño de 2007 – 9 de marzo de 2021 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Xirona - Grao en Educación Social
Universidade Aberta de Cataluña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, educador social, psicopedagogo Editar o valor en Wikidata
Partido políticoCandidatura d'Unitat Popular Editar o valor en Wikidata

Facebook: dani.cornella.1 Twitter: danicornella Editar o valor en Wikidata

Daniel Cornellà i Detrell, nado en Xirona en 1978,[1] é un político catalán, membro do Parlamento de Cataluña pola CUP.[2] Foi alcalde de Celrà en dúas ocasións, de 2011 a 2013 e de 2015 a 2021, cando dimitiu para acceder á súa acta de deputado.[3] Licenciado en educación social pola Universidade de Xirona e en psicopedagoxía pola Universitat Oberta de Catalunya, é membro da Asociación Catalá de Concellos.[4]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

A nivel profesional, exerce como director dun centro de menores supervisado pola Administración. No eido político ingresou como concelleiro de Celrà pola CUP en 2007 e foi alcalde do concello en dúas ocasións: de xuño de 2011 a 2013, cando transferiu a alcaldía a Gerard Fernández Tatjé, de acordo co pacto de goberno subscrito co seu partido, I Celrà-AM, a principios de lexislatura; e de 2015 a 2021, cando dimitiu cando foi elixido membro do parlamento de Cataluña. Entre 2013 e 2015 foi tenente de alcalde de Fernández Tatjé.

Durante o seu mandato, Celrà foi un dos concellos investigados pola Audiencia Nacional española por ter aprobado unha moción de apoio á declaración de ruptura do Parlamento de Cataluña o 9 de novembro de 2014. O concello decidiu non responder ás notificacións da Audiencia Nacional.[5] Tamén foi nova cando o exército decidiu facer algunhas manobras no concello en 2017.[6]

Nas eleccións catalás do 21 de decembro de 2017 foi o número 2 da lista da CUP pola circunscrición de Xirona, mais non foi elixido.[7]

O 16 de xaneiro de 2019, foi detido pola Policía Nacional Española, sen orde xudicial, no marco dun proceso para identificar aos posibles autores dos cortes na liña do AVE en Xirona o 1 de outubro de 2018.[8]

A CUP anunciou en decembro de 2020 que Cornellà concorrería ás eleccións ao parlamento de Cataluña de 2021 como número un do partido na circunscrición de Xirona.[2] A candidatura que liderou obtivo 24.837 votos en Xirona e Cornellà foi elixido deputado, xunto coa avogada Montserrat Vinyets. Tras a súa elección como parlamentario, anunciou que deixaría de ser alcalde o 9 de marzo, sendo substituído polo actor David Planas.[3]

O 19 de febreiro de 2021, mentres participaba nunha protesta contra o encarceramento do rapeiro Pablo Hasél en Xirona, foi ferido dúas veces por un axente dos Mossos d'Esquadra.[9]

  1. Candidatura d'Unitat Popular (ed.). "El SN de la CUP proposa les llistes electorals perquè la militància les ratifiqui". Consultado o 16 de xaneiro de 2019. 
  2. 2,0 2,1 VilaWeb, ed. (15 de decembro de 2020). "Sabater, Riera i Reguant encapçalaran la llista de la CUP el 14-F". Consultado o 1 de xaneiro de 2021. 
  3. 3,0 3,1 Bosch, Imma (19 de febreiro de 2021). "Cornellà deixa l'alcaldia de Celrà per dedicar-se plenament al Parlament". El Punt Avui (Celrà). Consultado o 21 de febreiro de 2021. 
  4. "Comitè executiu de l'ACM". Consultado o 2019. 
  5. VilaWeb (ed.). "Daniel Cornellà: 'Nosaltres no passem per l'adreçador de l'Audiència espanyola'". Consultado o 16 de xaneiro de 2019. 
  6. 20Minutos, ed. (16 de febreiro de 2017). "El alcalde de Celrà (CUP): "No es casualidad que el Ejército venga a hacer maniobras"" (en castelán). Consultado o 16 de xaneiro de 2019. 
  7. "La lista de la CUP para las elecciones catalanas del 21-D". La Vanguardia. 20 de decembro de 2017. Consultado o 16 de xaneiro de 2019. 
  8. 324cat, ed. (16 de xaneiro de 2019). "La Policia Nacional deté els alcaldes de Verges i Celrà, de la CUP, i 9 CDR". Consultado o 31 de marzo de 2021. 
  9. Camps i Linnell, Jordi (21 de febreiro de 2021). "Dani Cornellà denunciarà els cops dels Mossos". El Punt Avui (Celrà). Consultado o 21 de febreiro de 2021.