Daniel Everett
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de xullo de 1951 (73 anos) Holtville, Estados Unidos de América (pt) |
Relixión | Ateo |
Educación | Moody Bible Institute (en) Universidade Estadual de Campinas (pt) |
Director de tese | Charlotte Galves (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Lingua pirahã, gramática xenerativa e Recursividade |
Ocupación | lingüista, escritor, profesor universitario, misioneiro |
Empregador | Bentley University (en) Illinois State University (en) Universidade de Manchester Universidade de Pittsburgh (pt) |
Obra | |
Doutorando | Edward Albert Fletcher Gibson (en) |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Páxina web | daneverettbooks.com |
Daniel L. Everett, nado en Holtville, California, en 1951[1] é un lingüista estadounidense coñecido polos seus estudos sobre a lingua pirahã no estado brasileiro de Amazonas desde 1977.[2] Everett afirma que tal lingua tería elementos que contradín a gramática universal defendida e reformulada por Noam Chomsky e o seu grupo de estudo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Daniel L. Everett chegou ao Brasil a través do Summer Institute of Linguistics, un grupo dedicado ao estudo lingüístico e á tradución da Biblia, e entrou en contacto co pobo Pirahã, que carece dunha mitoloxía relixiosa[3] e son ateos, e desconfiaban da evanxelización ao preguntarlle a Everett se coñecera directamente a Xesús de Nazaret.[4]
A lingua dos Pirahã ten varias características distintivas: non ten palabras para números nin cores[5] e inclúe un sistema de "evidencialidade", onde sufixos ou partículas indican se a información provén de experiencia directa, rumor ou dedución. Por exemplo, ao falar dun burato nun bote, un falante pirahã pode dicir "sei que o bote afundiu" e usar eses sufixos para especificar se o sabe porque o viu directamente, porque llo dixo alguén ou porque o deduce ao ver o burato.[4]
Nunha das súas expedicións á Amazonía, en 1993, tivo contacto cunha lingua nova que non tiña sido descrita pola linguïstica occidental, a "Oro Win", que é das poucas que usan o fonema dental, bilabial, africado: [t͡ʙ̥].[6]
Daniel Everett asegura que é ateo despois de vivir durante anos con culturas tan diferentes.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Curriculum Vitae[Ligazón morta]
- ↑ "Everett, Daniel L.". Turner Libros (en castelán). Consultado o 2024-07-22.
- ↑ Eventualmente, falan de algúns "espíritos menores" que poden rondar, sen rasgos de divindade.
- ↑ 4,0 4,1 Everett, Daniel Leonard (2008). Don't sleep, there are snakes : life and language in the Amazonian jungle. New York : Pantheon Books. ISBN 978-0-375-42502-8.
- ↑ Que non teñan palabras para cores específicas non implica que non os distingan. Unha crítica á hipótese Sapir-Whorf baseouse na inexistencia da distinción entre laranxa e amarelo dun pobo, pero comprobouse que si os diferenciaban, aínda que a falta de concepto de seu afectaba ás lembranzas. Os pirahã alén de non teren palabras para os números, tampouco teñen un concepto de aritmética.
- ↑ "El código de la Amazonia (la Gramática de la Felicidad)". RTVE.ES - Docufilia (en castelán). 2014-02-25. Consultado o 2024-07-22.
- ↑ "Após-trabalho-com-indios-no-Amazonas-missionario-evangelico-vira-cientista-ateu". www1.folha.uol.com.br (en portugués). Consultado o 2024-07-22.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina persoal
- FORA.tv Series: Daniel Everett: Endangered Languages and Lost Knowledge. The Long Now Foundation (en inglés)
- Entrevista na Veja: "A linguagem nos faz humanos". (en portugués)
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |