Darpasat
Aparencia
Darpasat | |
---|---|
Lanzamento de Darpasat | |
Tipo | Tecnolóxico |
Organización | Departamento de Defensa |
Contratistas principais | Ball Aerospace[1] |
Data de lanzamento | 13 de marzo de 1994, 22:32 GMT[2][3] |
Foguete portador | Taurus[1][4] |
Sitio de lanzamento | Base Vandenberg da Forza Aérea, plataforma 576E[1][3][5] |
Obxectivo da misión | Demostrador tecnolóxico.[1][3][5] |
NSSDC ID | 1994-017B |
Masa | 203 kg[4] |
Darpasat, tamén coñecido como USA 102, foi un satélite artificial do Departamento de Defensa dos Estados Unidos de América lanzado o 13 de marzo de 1994 mediante un foguete Taurus desde a rampla 576E da Base Vandenberg da Forza Aérea.[1][2][5]
Características
[editar | editar a fonte]Darpasat foi lanzado no mesmo foguete que o satélite TAOS e a súa misión consistiu en facer demostración de novas tecnoloxías no espazo. Estaba estabilizado mediante xiro e foi construído por Ball Aerospace.[1][5]
O satélite foi deseñado para facer as demostracións tecnolóxicas polo menos durante un ano, pero chegou a durar cinco grazas a un uso coidados das baterías e das cargas térmicas.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Gunter Dirk Krebs (2012). Gunter's Space Page, ed. "DARPASAT" (en inglés). Consultado o 31 de maio de 2012.
- ↑ 2,0 2,1 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "USA 102" (en inglés). Consultado o 31 de maio de 2012.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Note verbale dated 25 August 1994 from the Permanent Representative of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (94-25918). 7 de setembro de 1994: 2. Consultado o 31 de maio de 2012.
- ↑ 4,0 4,1 NASA (14 de maio de 2012). "DARPASAT" (en inglés). Consultado o 31 de maio de 2012.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 Mark Wade (2011). "DARPASAT" (en inglés). Consultado o 31 de maio de 2012.