Das cousas de Ramón Lamote
Das cousas de Ramón Lamote | |
---|---|
Título orixinal | Das cousas de Ramón Lamote |
Autor/a | Paco Martín |
Ilustrador/a | Xan Balboa |
Orixe | Galiza |
Lingua | galego |
Colección | Narrativa |
Xénero(s) | Novela |
Editorial | Editorial Galaxia |
Data de pub. | 1985 |
Seguido por | Das novas cousas de Ramón Lamote |
Premios | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Das cousas de Ramón Lamote é unha obra de narrativa de Paco Martín, publicada en galego en 1985. É unha obra fundacional que supón a introdución na literatura xuvenil galega na corrente do realismo máxico de herdanza cunqueirá,[1] un dos grandes éxitos de vendas da literatura galega,[2] e especialmente o best-séller[3] da literatura infantil e xuvenil feita en Galiza.[4] Ademais, o libro foi incluído nas reputadas listaxes do IBBY Honour List (1986) e mais do White Ravens (1988); así mesmo o autor foi recoñecido co Premio O Barco de Vapor en 1984, o Premio Antón Losada Diéguez en 1985 e o Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil de España de 1986 grazas a este título, que máis de 20 anos despois, en 2008, tivo unha continuación, coa saída ao mercado de Das novas cousas de Ramón Lamote, tamén ilustrado por Xan Balboa e publicado por Galaxia.
En 2002 o libro foi incluído co n.º 66 na Biblioteca Galega 120 de La Voz de Galicia.
Traducións
[editar | editar a fonte]A obra foi traducida a diversas linguas (cómpre pór de relevo o éxito da tradución española que correu por Hispanoamérica) e converteuse nun referente da literatura infantil e xuvenil, achegando á historia da literatura galega o personaxe Ramón Lamote. Foi traducida ao castelán en dúas ocasións,[5][6] ao catalán,[7] ao asturiano[8] e ao éuscaro.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Panorámica da lit. xuvenil galega Arquivado 05 de setembro de 2008 en Wayback Machine., por Ánxela Gracián, para Praza das Letras (páx.11)
- ↑ Vai pola 23ª edición e recibiu o Premio Barco de Vapor de 1984.
- ↑ Paco Martín resucita a Ramón Lamote, un 'best-seller' dos 80 Arquivado 22 de febreiro de 2014 en Wayback Machine., Tierras de Santiago, 20 de xullo de 2010.
- ↑ Diego Muñoz Carrobles. Panorama da literatura infantil e xuvenil en lingua galega no século XXI Arquivado 03 de abril de 2010 en Wayback Machine. Madrygal. Revista de estudios gallegos, UCM (páx.87).
- ↑ "Cosas de Ramón Lamote". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-01.
- ↑ "Las cosas de Ramón Lamote". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-01.
- ↑ "Les coses de Ramón Lamote". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-01.
- ↑ "Les coses de Ramón Lamote". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-01.
- ↑ "Ramon Lamoteren gauzak". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-01.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Vilavedra, Dolores, ed. (2000). Diccionario da literatura galega. Obras III. Vigo: Editorial Galaxia. pp. 127–129. ISBN 84-8288-365-8.