Das novas cousas de Ramón Lamote
Das novas cousas de Ramón Lamote | |
---|---|
Título orixinal | Das novas cousas de Ramón Lamote |
Autor/a | Paco Martín |
Orixe | Galiza |
Lingua | galego |
Colección | Narrativa |
Xénero(s) | Novela |
Editorial | Editorial Galaxia |
Data de pub. | 2008 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Das novas cousas de Ramón Lamote é unha obra de narrativa de Paco Martín, publicada inicialmente en galego en 2008.
Historia do texto
[editar | editar a fonte]O libro conta novas historias de Ramón Lamote e é, tanto pola secuencia, como polo título, secuela de Das cousas de Ramón Lamote, publicado en 1985. A acción sitúase vinte anos despois, cun Ramón Lamote xa ancián e xubilado, pero non fai referencia en ningún momento aos anos que transcorreron no medio.
O libro foi publicado por Editorial Galaxia (a primeira parte da serie fórao por Barco de Vapor), con ilustracións de Xoán Balboa, que tamén se ocupara desta tarefa vinte anos atrás.
Estrutura
[editar | editar a fonte]O libro está dividido en sete capítulos de extensión regular, e contan fundamentalmente tres feitos: a escrita dun libro por encargo para un empresario da cidade onde vive Ramón Lamote (capítulos I e II), a creación dunha asociación de sacadores de honra (capítulos III e IV) e a estadía do protagonista na cidade utópica de Urbscras (capítulos V, VI e VII).
Personaxes secundarias
[editar | editar a fonte]Ademais de Ramón Lamote, existen outros personaxes na obra, algúns deles novos e outros xa presentes na primeira entrega da serie.
- Manuel Antonino López-Sánchez y Rodríguez Díaz, O Cágado (empresario)
- Sabela (traballadora da empresa do Cágado)
- Astrea (amiga de Ramón Lamote, personaxe coñecida)
- Alberte Airas (alcalde, xa coñecido)
- Lucía e Leonardo, habitantes de Urbscras.