Dasypus yepesi
Dasypus yepesi Armadillo de fociño longo de Yepes | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||
Datos insuficientes[1] | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Dasypus yepesi Vizcaíno, 1995 | |||||||||||||||||||||
Distribución de Dasypus yepesi
|
Dasypus yepesi, coñecido vulgarmente na bibliografía internacional, entre outros, co nome de armadillo de fociño longo de Yepes, é unha especie de mamífero placentario da orde dos cingulados e da súa única familia, a dos dasipódidos,[2] subfamilia dos dasipodinos, unha das sete integradas no seu único xénero, Dasypus.
É un endemismo dunha pequena rexión de bosques subtropicais secos situada no norte da Arxentina e nun recanto do sur de Bolivia.[1]
O seu nome honra ao zoólogo arxentimo José Yepes.[3]
Distribución e hábitat
[editar | editar a fonte]A presenza de Dasypus yepesi na actualidae só se coñece nas provincias de Jujuy e alta, na Arxentina.[4] Debido á falta de estudos de campo, non se coñecen máis de nove estacións da especie. Quizais a súa área de distribución poida ampliase a outras partes do Gran Chaco da Arxentina, Bolivia e Paraguai.[5]
Habita en rexións de bosques subtropicais secos.[1]
Probabelmente se encontra en altitudes de entre os 450 e os 1800 m.[1]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]A especie foi descrita moi recentemente, en 1995, polo zoólogo, anatomista comparado e paleontólogo arxentino Sergio Fabián Vizcaíno, en Mastozool. Trop., 2: 7,[2] quen a dedicou ao seu compatriota José Yepes.[3]
Os exemplares examinados por Vizcaíno eran espécimes clasificados previamente en Dasypus mazzai, D. hybridus, D. septemcinctus e D. novemcinctus. Son precisos novos estudos morfolóxicos e xenéticos para clarificar o estado taxonómico desta especie.[1]
Controversia
[editar | editar a fonte]Feijó e Cordeiro-Estrela (2014) presentaron evidencias morfolóxicas de que o holotipo de Dasypus mazzai Yepes, 1933 (sinónimo sénior de Dasypus yepesi Vizcaíno 1995.), non é un xuvenil de Dasypus novemcinctus ou de calquera outra especie do xénero Dasypus. Pero as distintas especies endémicas do noroeste arxentino son indistinguíbeis de D. yepesi.
Polo tanto, o nome correcto para o armadillo de fociño longo de tamaño intermedio que se encontra nas provincias arxentinas de Jujuy e Salta sería Dasypus mazzai 1933 Yepes, 1933.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Abba, A. M. & Vizcaíno, S. (2014): Dasypus yepesi na Lista vermella de especies ameazadas da UICN. Versión 2015-4. Consultada o 4-02-2016.
- ↑ 2,0 2,1 Dasypus yepesi no MSW.
- ↑ 3,0 3,1 Beolens, B.; Watkins, M. & Grayson, M. (2009): The Eponym Dictionary of Mammals. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. USBN 978-0-8018-9304-9, páx. 455.
- ↑ Vizcaíno, S. F. (1995): "Identificación específica de las "mulitas", género Dasypus L. (Mammalia, Dasypodidae), del noroeste argentino. Descripción de una nueva especie". Mastozoología Neotropical 2 (1): 5-13.
- ↑ Abba, A. M., Tognelli, M. F., Seitz, V. P., Bender, J.B. & Vizcaíno, S. F. (2012): "Distribution of extant xenarthrans (Mammalia: Xenarthra) in Argentina using species distribution models". Mammalia 76: 123-136.
- ↑ Feijó, A. & Cordeiro-Estrela, P. (2014): "The correct name of the endemic Dasypus (Cingulata: Dasypodidae) from northwestern Argentina". Zootaxa 3887 (1):88-94. Resumo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Dasypus yepesi |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- McKenna, Malcolm C. & Bell, Susan K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8.
- Nowak, Ronald M. (1999): Walker's Mammals of the World. 6ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8.
- Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference, 3rd ed. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Dasypus yepesi na ADW.
- Dasypus yepesi Arquivado 03 de febreiro de 2015 en Wayback Machine. na EOL.