Dave Morgan
Biografía | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 7 de agosto de 1944 Cranmore, Reino Unido (en) | ||||||||||||||||
Morte | 6 de novembro de 2018 (74 anos) | ||||||||||||||||
Causa da morte | doenza cerebrovascular | ||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||
Ocupación | piloto de Fórmula Un, enxeñeiro, piloto de carreiras | ||||||||||||||||
Deporte | automobilismo | ||||||||||||||||
|
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Dave Morgan, nado en Cranmore (Somerset) o 7 de agosto de 1944[1] é un piloto de carreiras inglés. Participou nun Gran Premio do Campionato Mundial Fórmula 1, o Gran Premio do Reino Unido de 1975 no que, como moitos outros, estrelouse durante unha tormenta nas últimas voltas. Clasificouse 18º e polo tanto non anotou puntos.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Antes da súa entrada nun só gran premio, Morgan competiu cun Mini a mediados da década de 1960, e pronto pasou á Fórmula 3. Incorreu nunha prohibición de 12 meses por conducir de forma perigosa a finais de 1970, logo dunha última colisión nunha curva con James Hunt en Crystal Palace, pero posteriormente permitíuselle pasar á Fórmula Atlantic en 1971.[2] Seguido por dúas tempadas na Fórmula 2, logo regresou á Fórmula Atlantic. Logo do seu Gran Premio, retirouse das carreiras ata que regresou ao Campionato Británico de Turismos (RAC Tricentrol Series) en 1980-1981, conducindo un Colt Lancer. Máis tarde Morgan tamén traballou como enxeñeiro en Eric van de Poele, tanto en Fórmula 1 como en Fórmula 3000.
Resultados completos na Fórmula Un
[editar | editar a fonte](Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1975 | Team Surtees | Surtees TS16 | Cosworth V8 | ARX | BRA | RSA | ESP | MON | BEL | SWE | NED | FRA | GBR 18 |
ALE | AUT | ITA | USA | NC | 0 |
Fonte:[2]
|
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Jenkins, Richard. "The World Championship drivers - Where are they now?". OldRacingCars.com. Consultado o 2007-07-29.
- ↑ 2,0 2,1 Steve Small. The Guinness Complete Grand Prix Who's Who. p. 260. ISBN 0851127029.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dave Morgan |