Surtees
Nome completo | Surtees Racing Organisation |
---|---|
Bandeira | |
Baseada en | Edenbridge, Kent, Reino Unido |
Tempadas en activo | 9 (1970-1978) |
Número de pilotos | John Surtees Derek Bell Carlos Pace Andrea de Adamich Mike Hailwood Jochen Mass |
Debut | Gran Premio do Reino Unido de 1970 |
Carreiras | 119 |
Campionatos de Construtores | 0 |
Campionatos de Pilotos | 0 |
Vitorias | 0 |
Pole positions | 0 |
Voltas Rápidas | 4 |
Puntos totais | 0 |
Derradeiro GP | Gran Premio do Canadá de 1978 |
O Surtees Racing Organisation era un equipo de carreiras que pasou nove tempadas (1970-1978) como un construtor en Fórmula 1, Fórmula 2 e Fórmula 5000.
Historia
[editar | editar a fonte]O equipo foi creado por John Surtees, o piloto tres veces campión do mundo de 500cc de motociclismo e campión mundial de Fórmula Un en 1964. Surtees formou o equipo en 1966 para a recentemente formada serie CanAm ( unha serie ilimitada de coche deportivo), gañando o campionato como propietario/piloto no seu primeiro ano. En 1969 participou noutra categoría recentemente formada, a Fórmula 5000. Por primeira vez o seu equipo construíu os seus propios coches. O equipo foi exitoso e logrou cinco vitorias das 12 carreiras desa tempada.
Isto alentou a Surtees a participar na Fórmula 1 e logo dunha difícil tempada con BRM en 1969, John decidiu converterse novamente en piloto/propietario. Surtees participou en todas as carreiras da tempada 1970, pero tivo que correr as catro primeiras nun antigo McLaren xa que o seu coche non estaba listo. O seu novo coche patrocinado por BP gañou os seus primeiros e únicos puntos no Gran Premio do Canadá.
Surtees engadiu un segundo coche durante toda a tempada no ano 1971 para o alemán Rolf Stommelen, e participou cun terceiro coche con diferentes pilotos nunha serie de carreiras. Tres pilotos, Surtees, Stommelen e Mike Hailwood (campión de motociclismo) gañaron tres puntos cada un para a marca ese ano.
Logo da tempada 1971, Surtees retirouse da competición a tempo completo, e o equipo terminou con tres novos pilotos a tempo completo en 1972. Hailwood volveu a Surtees durante un ano completo, uníndose ao australiano Tim Schenken e o italiano Andrea de Adamich, o último dos cales trouxo diñeiro cun patrocinador para o equipo. "Mike the Bike" logrou o primeiro podio de Surtees ese ano no Gran Premio de Italia, terminando segundo detrás de Emerson Fittipaldi. Os tres pilotos obtiveron puntos para o equipo, e Surtees terminaría en quinto lugar no campionato de construtores.
Schenken foi substituído en 1973 polo brasileiro Carlos Pace, e o equipo quedou con dous coches a tempo completo logo do abandono de Adamich a principio da tempada. Pace terminou terceiro en Austria e cuarto en Alemaña, pero foron os únicos puntos que o equipo logrou en toda a tempada, Hailwood non logrou puntuar. Hailwood marchou para McLaren ao rematar o ano, sendo substituído por Jochen Mass en 1974. foi un ano difícil para Surtees, Pace deixou o equipo a metade de tempada, e o substituíu Derek Bell que loitou para cualificar nas carreiras, coroado polo accidente mortal do piloto austríaco Helmut Koinigg no Gran Premio dos Estados Unidos de 1974. Un cuarto lugar de Pace na súa pista local foron os únicos puntos que Surtees logrou conseguir, e non puido terminar entre os dez primeiros no campionato de construtores.
O baixo presuposto para 1975, levou ao equipo a partipar cun só coche para John Watson (aínda que correu cun segundo coche para David Morgan en Silverstone). A tempada foi unha tremenda loita para Surtees, sen anotar puntos, o equipo perdeu tres das últimas catro carreiras. 1976 foi moito mellor, Surtees conseguiu un controvertido acordo de patrocinio coa marca de condóns Durex e o australiano Alan Jones uniuse ao equipo. Jones terminou quinto en Bélxica e en Brands Hatch, e cuarto en Xapón. Un segundo coche, patrocinado por Chesterfield, participou pilotado polo americano Brett Lunger, mentres que un coche privado pilotado polo francés Henri Pescarolo participou durante a segunda metade da tempada. Con sete puntos, Surtees quedou décimo no Campionato de Construtores.
O éxito de Jones deu lugar a que deixara o equipo para marchar ao emerxente equipo Shadow, os problemas de diñeiro obrigaron Surtees a ter un coche regular de novo en 1977, esta vez para Vittorio Brambilla. A tempada de Brambilla foi boa, terminou nos puntos tres veces. pero, os seus bos resultados non impediron que Surtees seguira sufrindo problemas monetarios. En 1978, o equipo engadiu un segundo coche para un piloto de pago, o británico Rupert Keegan, pero os problemas de diñeiro continuaron. A falta de resultados decentes causaron máis problemas.
Non se puido obter o diñeiro suficiente, o equipo deixou a F1 logo da tempada de 1978, malia ter un coche construído para 1979. Logo de correr co coche na serie británica Aurora (antes F5000) brevemente ese ano, Surtees Racing Organización pechouse para sempre.
-
John Surtees ao volante do TS7 no seu debut en Brands Hatch.
-
O TS9B nunha exhibición no Goodwood Festival of Speed de 2008.
-
Brett Lunger na curva Hawthorn en Brands Hatch durante o Gran Premio do Reino Unido de 1976 no TS19.
-
Alan Jones pilotando un TS19 de 1976 en 2007.
-
Vittorio Brambilla pilotando un TS20 alugado no Gran Premio do Reino Unido de 1978.
Resultados Completos na Fórmula Un
[editar | editar a fonte](Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida. A primeira táboa mostra información detallada sobre os resultados completos Campionato Mundial de Fórmula 1 do equipo oficial. A segunda táboa inclúe os resultados dos coches Surtees de propiedade privada nos Grandes Premios do Campionato Mundial.
Resultados do equipo oficial
[editar | editar a fonte]Resultados doutros coches Surtees
[editar | editar a fonte](Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo/s | Chasis/ | Motor | Pneu. | Piloto/s | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1971 | RSA | ESP | MON | NED | FRA | GBR | ALE | AUT | ITA | CAN | USA | |||||||||||
Stichting Autoraces Nederland | TS7 | Ford Cosworth DFV | F | Gijs van Lennep | 8 | |||||||||||||||||
1972 | ARX | RSA | ESP | MON | BEL | FRA | GBR | ALE | AUT | ITA | CAN | USA | ||||||||||
Champcar Inc. | TS9B | Ford Cosworth DFV | G | Sam Posey | 12 | |||||||||||||||||
Team Gunston | TS9 | Ford Cosworth DFV | G | John Love | 16 | |||||||||||||||||
1974 | ARX | BRA | RSA | ESP | BEL | MON | SWE | NED | FRA | GBR | ALE | AUT | ITA | CAN | USA | |||||||
AAW Racing | TS16 | Ford Cosworth DFV | F | Leo Kinnunen | NSC | Ret | NSC | NSC | NSC | NSC | ||||||||||||
1976 | BRA | RSA | USW | ESP | BEL | MON | SWE | FRA | GBR | ALE | AUT | NED | ITA | CAN | USA | XPN | ||||||
Team Norev Racing | TS19 | Ford Cosworth DFV | G | Henri Pescarolo | NSC | Ret | Ret | NSC | 9 | 11 | 17 | 19 | NC | |||||||||
Shell Sport/Whiting | TS16 | Ford Cosworth DFV | G | Divina Galica | NSC | |||||||||||||||||
1977 | ARX | BRA | RSA | USW | ESP | MON | BEL | SWE | FRA | GBR | ALE | AUT | NED | ITA | USA | CAN | XPN | |||||
Melchester Racing | TS19 | Ford Cosworth DFV | G | Tony Trimmer | NSCP |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Hodges, David. A-Z of Formula Racing Cars 1945-1990, MBI Publishing Company, 1990. ISBN 1-901432-17-3
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Brabham Racing Organisation Fittipaldi Automotive Stewart Grand Prix
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Master of Endurance, The downfall of Fearless John's marque, by Mattijs Diepraam
- Constructors: Surtees Racing Organization
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Surtees |