Saltar ao contido

Gran Premio de Bélxica de 1976

Modelo:Competición deportivaGran Premio de Bélxica de 1976
TipoGran Premio de Bélxica Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
Parte deCampionato Mundial de Fórmula 1 de 1976 Editar o valor en Wikidata
Distancia do evento70 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónAutódromo de Zolder (Heusden-Zolder) 50°59′20″N 5°15′20″L / 50.988888888889, 5.2555555555556 Editar o valor en Wikidata
PaísBélxica Editar o valor en Wikidata
Data16 de maio de 1976 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoNiki Lauda Editar o valor en Wikidata
Pole positionNiki Lauda Editar o valor en Wikidata
Volta máis rápidaNiki Lauda Editar o valor en Wikidata

O Gran Premio de Bélxica de Fórmula 1 de 1976 disputouse en Zolder o 16 de maio de 1976. Foi a quinta carreira da tempada de Fórmula Un de 1976, o 34º Gran Premio de Bélxica e a terceira, que se celebrou no Autódromo de Zolder. A carreira disputouse sobre 70 voltas nos máis de catro quilómetros do circuíto para unha distancia de carreira de 298 quilómetros.

Zolder xunto a Nivelles-Baulers cerca Bruxelas, eran os anfitrións substitutos da carreira pero a superficie da pista en Nivelles deteriorouse e Zolder foi a sede da carreira ata o regreso de Spa-Francorchamps en 1983.

A carreira foi gañada polo piloto de Ferrari, Niki Lauda pilotando un Ferrari 312T2, que aumentou a súa vantaxe no Campionato do Mundo de Pilotos a 29 puntos. O seu compañeiro de equipo o suízo, Clay Regazzoni, terminou a carreira en segunda posición, 3´4 segundos por detrás de Lauda. O terceiro posto logrouno o piloto francés Jacques Laffite pilotando o Ligier JS5. Foi a cuarta vitoria do ano de Lauda, no que foi unha exhibición do campión reinante. O terceiro posto de Laffite foi o seu segundo podio tras acabar segundo no Gran Premio de Alemaña de 1975 do ano anterior e a primeiro podio do novo equipo Ligier.

Resumo da carreira

[editar | editar a fonte]

Ferrari copou a primeira fila da grella, con Lauda na pole e Regazzoni a seu carón. Lauda liderou no comezo, con Hunt segundo logo de adiantar a Regazzoni, que pronto recuperou o lugar de novo. Os Ferraris colleron distancia, e Hunt caeu ao sexto posto, por detrás de Jacques Laffite no Ligier e os dous Tyrrell P34 de seis rodas, antes de retirarse finalmente cun fallo na transmisión. Patrick Depailler tamén se retirou cando o seu motor explotou. Lauda gañou, e Regazzoni completou un 1-2 para Ferrari. Laffite acadou o terceiro lugar coas retiradas de James Hunt (McLaren M23) e Depailler. Jody Scheckter terminou cuarto no seu Tyrrell. Unha volta por detrás, o futuro campión do mundo Alan Jones, logrou dous puntos no seu Surtees TS19 e Jochen Mass logrou o punto final no segundo McLaren logo de que Chris Amon perdera unha roda do seu Ensign N176.

Clasificación

[editar | editar a fonte]
Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 1 Austria Niki Lauda Ferrari 70 1:42:53.23 1 9
2 2 Suíza Clay Regazzoni Ferrari 70 + 3.46 2 6
3 26 Francia Jacques Laffite Ligier-Matra 70 + 35.38 6 4
4 3 Unión Sudafricana Jody Scheckter Tyrrell-Ford 70 + 1:31.00 7 3
5 19 Australia Alan Jones Surtees-Ford 69 + 1 volta 16 2
6 12 Alemaña Jochen Mass McLaren-Ford 69 + 1 volta 18 1
7 28 John Watson Penske-Ford 69 + 1 volta 17
8 37 Australia Larry Perkins Boro-Ford 69 + 1 volta 20
9 17 Francia Jean-Pierre Jarier Shadow-Ford 69 + 1 volta 14
10 16 Tom Pryce Shadow-Ford 68 + 2 voltas 13
11 21 Francia Michel Leclère Wolf-Williams-Ford 68 + 2 voltas 25
12 32 Suíza Loris Kessel Brabham-Ford 63 + 7 voltas 23
Ret 18 Brett Lunger Surtees-Ford 62 Eléctrico 26
Ret 8 Carlos Pace Brabham-Alfa Romeo 58 Eléctrico 9
Ret 22 Chris Amon Ensign-Ford 51 Accidente 8
Ret 11 James Hunt McLaren-Ford 35 Caixa de cambios 3
Ret 34 Alemaña Hans Joachim Stuck March-Ford 33 Suspensión 15
Ret 24 Austria Harald Ertl Hesketh-Ford 31 Motor 24
Ret 4 Francia Patrick Depailler Tyrrell-Ford 29 Motor 4
Ret 5 Mario Andretti Lotus-Ford 28 Pañier 11
Ret 33 Bélxica Patrick Nève Brabham-Ford 26 Palier 19
Ret 35 Italia Arturo Merzario March-Ford 21 Motor 21
Ret 7 Carlos Reutemann Brabham-Alfa Romeo 17 Motor 12
Ret 10 Ronnie Peterson March-Ford 16 Accidente 10
Ret 6 Gunnar Nilsson Lotus-Ford 7 Accidente 22
Ret 9 Italia Vittorio Brambilla March-Ford 6 Palier 5
NSC 30 Emerson Fittipaldi Fittipaldi-Ford
NSC 20 Bélxica Jacky Ickx Wolf-Williams-Ford
NSC 25 Guy Edwards Hesketh-Ford

Posicións logo da carreira

[editar | editar a fonte]

Os puntos son exactos á conclusión da carreira e non inclúen os resultados modificados do Gran Premio de España de 1976 que foi recorrido.

  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.


Carreira anterior:
Gran Premio de España de 1976
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1976
Carreira seguinte:
Gran Premio de Mónaco de 1976
Carreira anterior:
Gran Premio de Bélxica de 1975
Gran Premio de Bélxica Carreira seguinte:
Gran Premio de Bélxica de 1977

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

A menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de "The Official Formula 1 website". Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2014. Consultado o 2007-06-16.