David Barro López
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1974 (50/51 anos) Ferrol, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | crítico de arte, comisario de arte |
Empregador | Es Baluard |
David Barro López, nado en Ferrol en 1974, é historiador da arte, comisario de exposicións, crítico de arte e xestor cultural. Director de Es Baluard Museu d'Art Contemporani de Palma de Mallorca desde 2024.
Comisariado de exposicións
[editar | editar a fonte]Licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, comezou a súa traxectoria como comisario de exposicións coa dirección do ciclo Miradas Virxes no Centro Torrente Ballester de Ferrol, que cos anos se converte nun fito xeracional para a arte contemporánea galega cara a unha renovación dos presupostos do Grupo Atlántica. A súa traxectoria posterior abrangue máis de 50 mostras individuais de artistas como Jessica Stockholder, Axel Hütte, Alex Katz, Günther Förg, Julião Sarmento, Julian Opie, Sandra Cinto, Caio Reisewitz, José Pedro Croft, Berta Cáccamo...) e máis de 50 exposicións colectivas en diversos centros e institucións.[1] Dirixe o Es Baluard Museu d'Art Contemporari de Palma.
Crítica de arte
[editar | editar a fonte]Barro desenvolve a crítica de arte en diferentes medios de entre os que destacan as súas colaboracións en El Cultural (1998-2014)[2], a revista Lápiz (2000-2004) e como director da revista portuguesa [W]art (2003-2005) ou a española Arte y parte (1998-1999).
Traxectoria profesional
[editar | editar a fonte]- Director de Es Baluard Museu d'Art Contemporani de Palma de Mallorca (2024 - acualidade)
- Director da Fundación DIDAC - DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas (2017 - 2024)
- Director xerente da Fundación Luis Seoane (2014-2016)
- Asesor da Fundación Barrié e responsable da súa colección de pintura contemporánea (2008-2013)[3]
- Director artístico da feira de arte contemporánea de Vigo Espacio Atlántico (2010)
- Director e presentador del programa de televisión Botella al Mar de V Televisión (2005)
- Membro fundador das dúas primeiras xuntas directivas do IAC (Instituto de Arte Contemporánea)
- Membro da xunta directiva de ADACE (Asociación de Directores de Arte Contemporánea en España).
DARDO
[editar | editar a fonte]En 2006 lanzou DARDOmagazine, revista de arquitectura, deseño e arte contemporánea habitual de feiras como ARCO e pola que recibiu o Premio Nacional de Deseño Anuaria en 2016 e foi seleccionada para os International Graphic Design Awards en 2017. DARDO é tamén unha empresa de deseño homónima, así como unha editorial de arte contemporánea de ampla difusión en España, Brasil e Portugal.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "David Barro comisario". arteinformado. Consultado o 23/10/2020.
- ↑ "A los margenes. David Barro". 09/01/2015. Consultado o 23/10/2020.
- ↑ "David Barro. «El mundo del arte es cruel»". La Voz de Galicia. 14/11/11. Consultado o 23/10/2020.
- ↑ "El poliédrico David Barro, nuevo miembro de los Gallegos del Año". EL Correo Gallego. 2/2/2020. Consultado o 23/10/2020.