David Pobra
Aparencia
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de febreiro de 1981 ![]() A Pobra do Caramiñal, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | mestre ![]() |
![]() ![]() |
David Pérez González, nado na Pobra do Caramiñal o 14 de febreiro de 1981, é un escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Filoloxía galega e Filoloxía hispánica na Universidade de Santiago de Compostela, e cun Diploma de Estudos Avanzados no departamento de Teoría da Literatura e Literatura Comparada. Na actualidade exerce como profesor de lingua e literatura no ensino secundario. Exerceu tamén como lector de lingua galega na Universidade de Granada. Traballou eventualmente en diversas montaxes de teatro. Publicou artigos xornalísticos e recensións críticas en Vieiros e Grial. Formou parte do consello de redacción da revista Dorna, e foi membro da editorial alternativa Estaleiro Editora.
Obras
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- Poesía primeira de amor desamor e arrefriado, 2009, Xunta de Galicia.
Narrativa
[editar | editar a fonte]Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Contos en Viana, 2003, Xunta de Galicia e Concello da Pobra.
- Letra en Obras, 2011, Letra en Obras. Edición de libre descarga en Internet.
- Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro, 2011, Asociación de Escritores en Lingua Galega, libro electrónico.