David Robles
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) David Robles Díaz 15 de novembro de 1971 (53 anos) Bilbao, España |
Actividade | |
Ocupación | actor de dobraxe, actor, director de dobraxe |
David Robles Díaz, nado en Bilbao o 15 de novembro de 1971, é un actor de dobraxe español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Robles iniciou a súa carreira como actor en 1984 tras ser alumno da Escola de Dobraxe Salvador Arias de Madrid durante un ano. Aos doce anos de idade, iniciouse no mundo da dobraxe co filme Mi hermano mayor. Como actor de televisión, tivo un papel secundario en Farmacia de guardia, onde interpretaba un amigo de Kike (Miguel Ángel Garzón), sendo un dos primeiros papeis de adolescente homosexual na television de España[1]. Tamén fixo personaxes episódicos en series como Hermanas, El súper e El comisario.
A maior parte da súa vida profesional foi enfocada na dobraxe e a locución, prestando a súa voz aos actores Leonardo DiCaprio, Ethan Hawke, Cillian Murphy, Ashton Kutcher, Jared Padalecki, David Tennant, Paul Dano, ou Jamie Dornan, entre outros. De feito, un dos papeis máis complexos que realizou no mundo da dobraxe foi o de Leonardo DiCaprio en The Wolf of Wall Street; despois de terminar o traballo estivo durante unha semana afónico.[2]
Series de televisión
[editar | editar a fonte]Título | Canle |
---|---|
Hermanas | Telecinco |
El súper | Telecinco |
El comisario | Telecinco |
Farmacia de guardia | Antena 3 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Pablo de ‘Farmacia de guardia’: el primer gay adolescente de la televisión, consultado en abril de 2020 (en castelán).
- ↑ "LCDE entrevista a David Robles" (en castelán). Consultado o 17 de maio de 2021.