Farmacia de guardia
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Farmacia de guardia | |
---|---|
Formato | Comedia |
Dirixido por | Antonio Mercero |
Intérpretes | Concha Cuetos Carlos Larrañaga Miguel Ángel Garzón Julián González Emma Ozores África Gozalbes Maruchi León Eva Isanta Alicia Rozas Esperanza Grases María Luisa Ponte Luis Ciges María Garralón Cesáreo Estebánez Álvaro de Luna Amparo Valle Amparo Moreno Miguel Ángel Valcárcel David Zarzo María Adánez Caco Senante Ángel Pardo |
País de orixe | España |
Lingua(s) | Castelán |
Episodios | 169 |
Produción | |
Produtor(es) executivo(s) | Andrés Gandara Juan López Olivar |
Duración | 25-30 minutos |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | Antena 3 |
Primeiro episodio | 19 de setembro de 1991 |
Derradeiro episodio | 28 de decembro de 1995 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Farmacia de guardia é unha serie emitida en España entre 1991 e 1995, ambientada no día a día dunha farmacia. Estaba protagonizada por Concha Cuetos, que interpretaba a Lourdes Cano, unha farmacéutica separada, e Carlos Larrañaga, Adolfo Segura, o exmarido desta. Os seus dous fillos, Guiller e Kike estaban interpretados por Julián González e Miguel Ángel Garzón respectivamente.
A serie actualmente ostenta o título de ser a serie máis vista da historia de España cunha media do 48% de share. Foi a primeira de produción propia de Antena 3, que a emitía os xoves pola noite, e estaba dirixida por Antonio Mercero. Logo foi emitida tamén en FDF e Castilla la Mancha Televisión.
Algúns datos
[editar | editar a fonte]O 28 de decembro de 1995 emitiuse o derradeiro episodio, de 50 minutos de duración, que causou unha grande expectación e acadou o 62.8% de cota de pantalla con 11 527 000 espectadores de media, e cun pico de audiencia de 13 850 000 espectadores no minuto en que Lourdes e Adolfo casaban nun soño de Fanny (filla adoptiva de Lourdes). Farmacia de guardia convertíase así no programa máis visto da televisión en España e na serie máis vista desde a chegada das privadas en 1990 ata a final de Operación Triunfo 2002.
O día 4 de xaneiro de 2006 como homenaxe á serie cando se cumpría unha década desde o final das súas emisións, Antena 3 programou de madrugada un especial que incluía a reposición do episodio 169 e último, e que, a pesar do horario, conseguiu impoñerse ós seus competidores e acadar 1 359 000 espectadores e un 25.6% de cota de pantalla.
Argumento principal
[editar | editar a fonte]O eixo principal da serie é a farmacéutica Lourdes Cano, arredor da cal xiran o resto dos personaxes. Ten dous fillos adolescentes: Guiller e Quique; e un exmarido afeccionado ó xogo e ás mulleres que sempre ten probelmas cos cartos, Adolfo Segura. Malia estar separados, segue habendo algo entre Adolfo Segura e Lourdes Cano, aínda que aparentemente son incapaces de non acabar discutindo sempre que están xuntos.
Ó longo das temporadas ambos aparecen con outras parellas (el máis ben relacións esporádicas, ela ten unha máis longa con Carlos) pero están en contacto diario case coma se seguisen sendo unha familia.
Todos estes personaxes practicamente fan a súa vida na "rebotica" da farmacia. Tamén cobraban grande protagonismo as dependentas que axudaban a Lourdes na farmacia: primeiro Pili (Maruchi León), máis tarde Reyes, á que tamén chamaban Queen (África Gozalbes) e finalmente Sandra (Emma Ozores), que estivera na serie desde o principio.
Tramas secundarias
[editar | editar a fonte]Á marxe destes protagonistas principais están:
- Os clientes da farmacia, entre os que se incluían actores españois de prestixio coma José María Caffarel, María Luisa Ponte, Luis Ciges, Luis Cuenca, Amparo Valle, Esperanza Grases, Diana Salcedo ou Carmen Rossi entre outros.
- A parella de policías formada por María de la Encarnación (María Garralón), que xa traballara con Mercero na serie Verano azul e Romerales (Cesáreo Estébanez), que fixeron famosa a frase de "para dentro, Romerales" que sempre lle dicía ela ó seu xefe no momento de saír da farmcia e que tamén deu título a un episodio.
- Os amigos de Guiller: Piña (Miguel Ángel Valcárcel) e Marmota (Iñaki Vallejo). Formaron parte do elenco durante toda a serie.
- As amigas de Lourdes: Catalina (Ángeles Macua), unha falsa vidente, e Begoña (Mercedes Alonso), compradora compulsiva. Tamén formaron parte da serie durante tódalas temporadas, con aparicións esporádicas.
- As rapazas do club de alterne que había en fronte da farmacia, encabezadas por Sandra, que acabou sendo dependenta da farmacia. O seu último mozo foi Chencho, camareiro dun bar proximo á farmacia interpretado por Ángel Pardo.
- Fanny (Alicia Rozas), que aparece coa súa nai, un antigo ligue de Adolfo que di que a nena é filla súa. Finalmente é adoptada por Lourdes e convértese nunha máis da familia.
- As mozas de Guiller (Estrellita, interpretada por Virginia Chávarri) e de Quique, María (María Adánez no seu primeiro papel televisivo) e outra posterior interpretada por Fátima Baeza, unhas das protagonistas de Hospital Central.
- O mozo durante un tempo de Lourdes e profesor do seu fillo Guiller, Carlos (Álvaro de Luna).
- Nos comezos da serie aparecía tamén o pai de Lourdes, Enrique (José Soriano) e a filla máis vella de Lourdes e Adolfo, Isabel (Eva Isanta), que desapareceron da serie sen máis.
Personaxes
[editar | editar a fonte]Principais
[editar | editar a fonte]- Concha Cuetos - Lourdes Cano (farmacéutica)
- Carlos Larrañaga - Adolfo Segura (exmarido de Lourdes Cano)
- Julián González - Guillermo "Guiller" Segura Cano (fillo pequeno da parella)
- Miguel Ángel Garzón - Enrique "Quique" Segura Cano (fillo mediano de Lourdes e Adolfo)
- Alicia Rozas - Fanny, filla adoptada por Lourdes.
- Eva Isanta - Isabel Cano (filla máis vella de Lourdes e Adolfo que vive nas Canarias)
- Maruchi León - Pili (primeira auxiliar de farmacia)
- África Gozalbes - Reyes "Queen" (segunda auxiliar de farmacia)
- Emma Ozores - Sandra (chica de La gata con botas e terceira auxiliar de farmacia)
- Esperanza Grases - Doña Paquita (anciá clienta asidua da farmacia obsesionada co seu gato Alejandro II)
- Diana Salcedo - Doña Consuelito (anciá clienta da farmacia, case sempre acompañada de Doña Paquita)
- María Adánez - María (primeira moza de Quique)
- Cesáreo Estébanez - Sarxento Romerales
- María Garralón - María de la Encarnación (policía, compañeira de Romerales)
- Álvaro de Luna - Carlos (profesor de Guille e parella de Lourdes)
- Ángel Pardo - Chencho (camareiro do bar de enfronte)
- Ángeles Macua - Catalina (amiga de Lourdes)
- Mercedes Alonso - Begoña (amiga de Lourdes)
- Miguel Ángel Valcárcel - Piña (amigo de Guiller)
- Iñaki Vallejo - Marmota (amigo de Guiller)
Secundarios
[editar | editar a fonte]- María Luisa Ponte - Dona Rosa (clienta da farmacia)
- Amparo Valle - Amparo (clienta da farmacia)
- Luis Ciges- Ricardo (cliente da farmacia)
- José María Caffarel - José María (cliente da farmacia)
- Amparo Moreno - Mariquilla (clienta da farmacia)
- Luis Cuenca - Posidio (cliente da farmacia)
- Resu Morales - (clienta da farmacia)
- Pepe Segura -Vendedor de cupóns
- Virginia Chávarri - Estrellita (moza de Guille)
- Caco Senante - (marido de Isabel)
- Teresa Cortés - Maximina (clienta da farmacia)
- Juana Cordero -Veciña e clienta da farmacia
- David Zarzo - Amigo de Quique
- Luis Cuenca - Posidio
Ademais, o propio director e creador da serie, Antonio Mercero, apareceu en varios episodios ó longo da serie. Tamén o fixeron algúns guionistas e membros do equipo técnico.
Lista parcial de capítulos por orde alfabética
[editar | editar a fonte]- Al rey Melchor le duelen las muelas
- Amiga por correspondencia
- Amor a la carta
- Bombonas de Nochevieja
- Campanas de boda
- Carita de ángel
- Cerrado por amistad
- Chupi Calabaza
- Como una sílfide
- Con la ayuda del cielo
- Con las manos en la caja
- Con un par
- De pelo en pecho
- Doble o nada
- El apagón
- El as de bastos
- El beso de la muerte
- El caso de la mano negra
- El cilindrón
- El día de la madre
- El elixir de larga vida
- El espectáculo debe continuar
- El forúnculo
- El maletín
- El mejor amigo
- El mono con pelo
- El mono sin pelo
- El novato
- El regalo
- El señor de la limpieza
- El último mamífero
- Elemental, querido Guiller
- Enseñar al que no sabe
- Esta noche es Nochebuena
- Fanny vuelve a casa
- Felices Pascuas, Licenciada Cano
- Final de etapa
- Flor o Fusil
- Hijos Putativos
- Instruír deleitando
- La Venganza De Carapedo
- La boda de Adolfo
- La partida de mus
- La próstata con perdón
- Las camisetas
- Las novias autonómicas
- Limpia, fija y da esplendor
- Los Impolutos
- Los Inocentes
- Los Líos de Adolfo
- Los Visitantes
- Los rivales
- Madre no hay mas que una
- Mariló de Cádiz
- Moras y Cristianas
- Ni contigo ni sin ti
- No rompas esta cadena
- No te bebas la vida
- Números calientes
- Para dentro, Romerales
- Pelirrojas y Coprolitos
- Problema Pendiente
- Reality show
- Se busca a Papá Noel
- Sor Aleluya
- Tsu-Yen-Paté
- Tus amigos no te olvidan
- Un momento de dibilidad
- Un novio formal
- Un problema de la leche
- Una mejor que dos
- Vas a ser padre, Chencho
- Viaje a Ibiza para dos
- Zafarrancho de combate
- ¡Vaya Petardo!
- ¿Cuándo nos casamos, Reyes?
- ¿No es verdad ángel de amor?
Premios e candidaturas
[editar | editar a fonte]Premios Ondas
[editar | editar a fonte]- 1992: Mellor serie nacional.
- 1992
- Premio á mellor serie nacional.
- Premio á mellor actriz para Concha Cuetos.
- Candidatura ó mellor actor para Carlos Larrañaga.
- 1993
- Premio á mellor serie nacional.
- Premio á mellor actriz para Concha Cuetos.
- Premio ó mellor actor para Carlos Larrañaga.
- 1994
- Premio á mellor serie nacional.
- Premio á mellor actriz para Concha Cuetos.
- Candidatura ó mellor actor para Carlos Larrañaga.
- 1995
- Premio á mellor serie nacional.
- Premio ó mellor actor para Carlos Larrañaga.
- Candidatura á mellor actriz para Concha Cuetos.
- 1996
- Candidatura á mellor serie nacional.
- Candidatura á mellor actriz para Concha Cuetos.
- Candidatura ó mellor actor para Carlos Larrañaga.
Unión de Actores
[editar | editar a fonte]- 1993
- Candidatura á mellor actriz protagonista de televisión para Concha Cuetos.
- Candidatura á mellor actriz secundaria de televisión para Maruchi León.
- Candidatura ó mellor actor secundario de televisión para Cesáreo Estébanez.
- 1994
- Premio ó mellor actor secundario de televisión para Cesáreo Estébanez.
- Candidatura á mellor actriz protagonista de televisión para Concha Cuetos.
Fotogramas de plata
[editar | editar a fonte]- 1993
- Premio á mellor actriz de televisión para Concha Cuetos.
- Candidatura á mellor actriz de televisión para María Luisa Ponte.
- Candidatura ó mellor actor de televisión para Carlos Larrañaga.
Premios ADIRCAE
[editar | editar a fonte]- 1993: Premio ó mellor director para Antonio Mercero.