Comezou na ourensáLimaía Produccións, para máis tarde traballar no ámbito dos debuxos animados para a produtora coruñesa Dygra. Fixo curtametraxes e cortinillas de animación, mais é principalmente coñecido como autor de banda deseñada, un dos máis prolíficos de Galicia.
Rubín en 2009
Foi cofundador do colectivo Polaqia en 2001. Conta con series propias nas revistas galegas BD Banda desde 2001 e Barsowia desde 2003. É o autor de Os Kinkilláns, unha popular serie da segunda etapa de Golfiño, publicación xuvenil ofrecida xunto a La Voz de Galicia. Cómics seus viron a luz en publicacións como Tos, Huevo ou El fanzine enfermo. Contribuíu de maneira notorio na última época da revista Dos veces breve.
Gañou o primeiro premio das Xornadas de Banda Deseñada de Ourense, na categoría de 22 a 30 anos, en 2000 (por A sombra xigante que me afoga) e en 2002 (por Antón ardendo), e mais o cuarto premio en 2001. Recibiu tamén en 2000 o Premio Ourense ao mellor autor afeccionado, na Casa da Xuventude de Ourense.
Foi gañador en xaneiro de 2003 do VIII Certame de Cómic de Arteixo, correspondente ao ano anterior. Gañou en marzo de 2004 o IX Certame de Cómic de Arteixo coa historia O segundo que ía dicirche.
En 2004 fíxose co segundo premio do certame "Na Vangarda" (da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade) polo relato breve Corredora feito en equipo con Emma Ríos. Gañou en 2005 coa historia curta Patacas. Foi gañador en 2005 do I Premio Castelao de Banda deseñada da Deputación Provincial da Coruña coa novela gráfica Onde ninguén pode chegar.
Ten tres Premios "La Cárcel de Papel" ao mellor autor revelación en 2006.