David Suárez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de febreiro de 1992 (32 anos) Santiago de Compostela, España |
Educación | Universidade Rei Xoán Carlos |
Actividade | |
Ocupación | humorista |
Período de actividade | 2013 - |
Xénero artístico | Humor negro |
David Suárez Varela, nado en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1992, é un humorista galego.
Fíxose coñecido principalmente por protagonizar e crear en 2013 a serie web Vincent Finch: Diario de un ego, así como polas súas colaboracións nos programa Late Motiv de Andreu Buenafuente e Yu: No te pierdas nada de Dani Mateo. No seu estilo de comedia destaca o humor negro, polo que se viu envolto en varias polémicas.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou comunicación audiovisual na URJC de Madrid e deuse a coñecer en 2013 coa webserie Vincent Finch: Diario de un ego.[1] En 2015 foi guionista da webserie Famosos y una vieja.[2] En 2018 colaborou en tres emisións do programa de televisión Late Motiv, presentado por Andreu Buenafuente.[3] Máis tarde uniuse ao programa de radio Yu: No te pierdas nada.[4] En 2018 publicou o cómic Agonía infinita, unha recompilación de viñetas de humor negro, publicadas anteriormente no seu Facebook e Instagram.[5]
En abril de 2019 foi despedido de Yu: No te pierdas nada, como consecuencia da polémica xerada tras a publicación na súa conta de Twitter dun chiste sobre as persoas con síndrome de Down.[6] Dito chiste custoulle unha denuncia ante os tribunais e unha petición da Fiscalía de case dous anos de cárcere.[7]
En 2020 interpretou un enfermeiro na serie de Atresmedia Veneno.
Obras
[editar | editar a fonte]- Agonía infinita. Ediciones Hidroavión. 2018. ISBN 978-84-947-828-17.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ ‘Vincent Finch: Diario de un ego’, la esencia del humor negro Arquivado 27 de xullo de 2021 en Wayback Machine. en cienmegas.es
- ↑ [1]
- ↑ El día que Buenafuente despidió a David Suárez en directo Arquivado 30 de setembro de 2020 en Wayback Machine. en publico.es
- ↑ David Suárez en Yorokobu
- ↑ Las viñetas más bestias de 'Agonía Infinita' comentadas por su autor en elpais.com
- ↑ David Suárez es despedido de «Yu, no te pierdas nada» tras un polémico tuit en abc.es
- ↑ "La Fiscalía pide cárcel para el humorista David Suárez por un chiste sexual del síndrome de Down" (en castelán). 14 de xullo de 2020. Consultado o 16 de xullo de 2020.