Universidade Rei Xoán Carlos
Universidade Rei Xoán Carlos | |
---|---|
![]() Reitorado da URJC en Móstoles. | |
Datos xerais | |
Localización | Alcorcón, Aranjuez, Fuenlabrada, Madrid e Móstoles |
Fundación | 1996 |
Datos actuais | |
Reitor | Javier Ramos López |
Alumnos | 45.458 |
Datos de contacto | |
Páxina web | https://www.urjc.es/ |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Universidade Rei Xoán Carlos (URJC, en castelán: Universidad Rey Juan Carlos) é unha universidade pública española con sede na Comunidade de Madrid. Ten campus en Alcorcón, Aranjuez, Fuenlabrada, Madrid e Móstoles, ademais de varios centros na capital.
A URJC conta aproximadamente con 45.458 estudantes, sendo por iso a segunda universidade da Comunidade de Madrid por número de alumnos matriculados.4 Destaca a nivel nacional nos estudos de administración de empresas, ciencias económicas, ciencias ambientais, fisioterapia, enxeñería, medicina, xornalismo, publicidade, turismo e relacións internacionais.
Campus e centros docentes[editar | editar a fonte]
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/c3/Urjc_sede_manuel_becerra.jpg/220px-Urjc_sede_manuel_becerra.jpg)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/f2/URJC_Mostoles_Biblioteca.jpg/220px-URJC_Mostoles_Biblioteca.jpg)
A Universidade Rey Juan Carlos divídese actualmente en cinco campus universitarios:[1]
Campus de Alcorcón[editar | editar a fonte]
- Facultade de Ciencias da Saúde
- Facultade de Ciencias Xurídicas e Sociais
Campus de Aranjuez[editar | editar a fonte]
- Facultade de Ciencias Xurídicas e Sociais
Campus de Fuenlabrada[editar | editar a fonte]
- Facultade de Ciencias da Comunicación
- Escola Técnica Superior de Enxeñería de Telecomunicación (ETSIT)
- Facultade de Ciencias Xurídicas e Sociais
Campus de Madrid - Vicálvaro[editar | editar a fonte]
- Facultade de Ciencias Xurídicas e Sociais
- Facultade de Ciencias da Comunicación
- Escola Superior de Ciencias Experimentais e Tecnoloxía (ESCET)
- Escola Técnica Superior de Enxeñería Informática (ETSII)
Campus de Móstoles[editar | editar a fonte]
- Escola Superior de Ciencias Experimentais e Tecnoloxía (ESCET)
- Escola Técnica Superior de Enxeñería Informática (ETSII)
- Facultade de Ciencias Xurídicas e Sociais
Cada escola ou facultade réxese de maneira autónoma cun decano ou director de escola e divídese en departamentos universitarios.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Universidad Rey Juan Carlos (ed.). "Campus - Universidad Rey Juan Carlos". Consultado o 28 de decembro de 2015.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Universidade Rei Xoán Carlos |