Davide Salvado
(2012) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de xullo de 1981 (43 anos) Marín, España |
Actividade | |
Ocupación | cantante, labrego |
Instrumento | Voz |
Davide Salvado, nado en Marín o 24 de xullo de 1981, é un cantante de música tradicional galega.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ten formación autodidacta, percorrendo a xeografía galega para recoller a música tradicional. No 2004 comezou a formar parte do grupo Ecléctica Ensemble, xunto a Ugia Pedreira, Ramon Pinheiro e Richard Rivera. Pouco despois, uniuse como cantante e percusionista á banda de Xosé Manuel Budiño, coa que xirou por escenarios de medio mundo. É cantante na Banda das Crechas.
Achegouse a xéneros como o cabaré. Canda a Pepa Yáñez formou a compañía Cabaret d'Aquí, coa que levaron a cabo espectáculos como Unha noite no muíño non é nada ou O negro vai con todo, xunto a Nacho Muñoz. No mundo do teatro participou na obra As Dunas, do Centro Dramático Galego, e no musical Dillei de Carlos Blanco.
En 2023 lanzou o trío Permita Deus, a canda Cibrán Seixo (violín) e Antonio Casado (guitarra eléctrica).
Recibiu o premio Martín Códax na categoría de música tradicional galega en 2014 e 2017.
Discografía
[editar | editar a fonte]Vida persoal
[editar | editar a fonte]Vive en Liulfe (Palas de Rei)[3].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ de Luneda, ed. (10 de marzo de 2014). "Davide Salvado - Gharghamala - YouTube". Consultado o 3 de decembro de 2014.
- ↑ MPAGDP, ed. (18 de agosto de 2012). "Davide Salvado - "Tirioni" ou "canção de cardadores" on Vimeo". Consultado o 3 de decembro de 2014.
- ↑ "Fun polo aire (programa 83)". www.crtvg.es. Consultado o 2023-05-17.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Davide Salvado"Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine., na web de Faro de Vigo, 15 de febreiro de 2013.