Davila
Davila[1] é un apelido toponímico galego. En orixe facía referencia ao lugar de residencia ou procedencia da persoa,[2] coincidente co topónimo Vila.
En xaneiro de 2023 existían 3.508 persoas en Galicia co apelido Davila, ben sexa como primeiro ou segundo apelido.[3] É abundante nas Rías Baixas e o concello con maior concentración de persoas con este apelido é Vigo.[3]
Orixe
[editar | editar a fonte]O apelido Davila, correctamente escrito da Vila viría do galego-portugués, coma nome topográfico para calquera que fose da vila (da aldea ou da cidade). Ten a mesma orixe que o tamén galego apelido Vila.
Moitas veces confúndese co apelido castelán tamén toponímico: Dávila, que viría D'Ávila, de Ávila, calquera que viría desta cidade. Por este motivo nos rexistros galegos moitas veces tense castelanizado Davila a Dávila, especialmente cando era levado por persoal castelán.[Cómpre referencia] O apelido castelanizado Dávila estendeuse moito coa emigración galega por toda América.
Persoeiros con este apelido
[editar | editar a fonte]Davila
[editar | editar a fonte]- Alexandru Davila, romanés dramatista, diplomático, administrador público, e memorista, fillo do doutor Carol Davila, nado en 1862.
- Andrew Davila, autor e poeta estadounidense, nado en 1983.
- Carol Davila (1828-1884), Carlos Antonio Francesco Davila (Charles Davila) nado en Parma , Italia, foi un médico, físico e farmacéutico romanés de orixe francesa, nado en Italia, educado en Alemaña e Francia.
- Enrico Caterino Davila, historiador italiano, nado en 1576, a súa familia era orixinaria de Ávila, polo que sería en realidade Dávila.
- Jacques Davila, asistente director francés, 1941-1991.
- Luís Davila (1972-), debuxante galego.
- Olaia F. Davila, política galega nada en Castrelos, Vigo , en 1954.
- Pedro Ortiz Davila ("Davilita"), cantante do Porto Rico, nado en 1912.
- Robert C. Davila científico estadounidense, presidente de Davila Enterprises Corp, nado en 1967.
- Robert R. Davila, presidente da Universidade de Gallaudet.
- Rudolph B. Davila, medalla de honra na segunda guerra mundial.
- Xoán Davila, importante escultor galego renacentista, nado en Tui no século XVI e finado en Santiago de Compostela en 1610.
Dávila
[editar | editar a fonte]- Adolfo Dávila, cineasta mexicano, nado en 1965.
- Adolfo E. Dávila, xornalista arxentino , 1849-1918.
- Alberto Dávila, boxeador mexicano. 1960
- Antonio Dávila, político e militar español.
- Berta Dávila Fernández, (Berta Davila) escritora galega (Santiago de Compostela), nada en 1987.
- Carlos Lage Dávila (*1951), político cubano.
- Efraín Dávila, produtor musical e tecladista coñecido coma Junito, nado en 1978.
- Enrico Caterino Davila, historiador italiano nado en 1576.
- Esperanza Mariño Dávila, ensaísta e tradutora galega (Santiago de Compostela), nada en 1963.
- Fidel Dávila Arrondo, oficial do exército español, nado en 1878.
- Guillermo Dávila, actor e cantante venezolano nado en 1955.
- Jaime Dávila Sánchez, (Xaime Davila) avogado e político galego do PPdeG. Foi alcalde de Ribadavia na transición.
- Jesús González Dávila (1940-2000), director e actor mexicano.
- José Antonio Dávila, poeta boricua, nado en 1898.
- Juan Dávila, coronel que participou na Revolución Mexicana.
- Juan Domingo Dávila, (1946-), pintor chileno.
- Julio Dávila Díaz, (Xulio Davila), historiador, xeógrafo e escritor galego (Ortigueira), nado en 1871.
- Luis Alfonso Dávila, expresidente do congreso nacional de Venezuela.
- Luis Dávila (1927-1998), actor arxentino.
- Miguel Angel Dávila Guzmán, fundador de Cinemex, nado en 1965.
- Miguel Angel Dávila Mendoza, político mexicano, nado 1934.
- Miguel R. Dávila, Presidente de Honduras.
- Nicolás Dávila, militar arxentino, 1786-1876.
- Nicolás Gómez Dávila, escritor político colombiano, 1913-1994.
- Pedrarias Dávila (Pedro Arias de Ávila), administrador colonial, nado 1440.
- Sancho Dávila y Daza, militar orixinal de Ávila, que loitou nas guerras de Flandres.
- Virgilio Dávila, poeta portorriqueño.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ academia.gal, ed. (30 de xaneiro de 2025). "Davila na Guía de apelidos galegos". Consultado o 30 de xaneiro de 2025.
- ↑ academia.gal (ed.). "Guía de apelidos galegos Por que cómpre? Un pouco de historia". Consultado o 30 de xaneiro de 2025.
- ↑ 3,0 3,1 Apelido Davila na Web do Intituto Galego de Estatística