Jaime Dávila Sánchez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1924 Ribadavia, España |
Morte | 12 de novembro de 2019 (94/95 anos) Ribadavia, España |
Alcalde de Ribadavia | |
1995 – 1999 ← Miguel Fidalgo – José Pérez Iglesias → | |
Alcalde de Ribadavia | |
1975 – 1979 ← Víctor Manuel López Quijada – José María Vázquez Pérez → | |
Alcalde de Ribadavia | |
1964 – 1970 ← Joaquín Robla Díez – Víctor Manuel López Quijada → | |
Actividade | |
Ocupación | avogado, político |
Partido político | Partido Popular |
Membro de |
Jaime Dávila Sánchez, nado en Ribadavia en 1924 e finado na mesma vila o 12 de novembro de 2019, foi un avogado e político galego do PPdeG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Exerceu como avogado en Ribadavia. Foi presidente do Club Artístico de Ribadavia. Concelleiro de Ribadavia dende 1955,[1] foi nomeado alcalde de Ribadavia en agosto de 1964 tomando posesión o 28 de agosto.[2] Permaneceu no cargo até xullo de 1970. Tamén foi deputado provincial. Volveu ser nomeado alcalde de Ribadavia na Transición. En 1995 encabezou a candidatura do PPdeG ao concello de Ribadavia e foi a forza máis votada, sendo elixido alcalde co apoio de dúas candidaturas independentes. Permaneceu como alcalde ata 1999, cando optou por non presentarse á reelección. Finou en Ribadavia o 12 de novembro de 2019.[3]
Predecesor: Joaquín Robla Díez |
Alcalde de Ribadavia 1964 - 1970 |
Sucesor: Víctor Manuel López Quijada |
Predecesor: Víctor Manuel López Quijada |
Alcalde de Ribadavia 1975 - 1979 |
Sucesor: José María Vázquez Pérez |
Predecesor: Miguel Fidalgo Areda |
Alcalde de Ribadavia 1995 - 1999 |
Sucesor: José Pérez Iglesias |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Pilar Padrón Cendón.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Pueblo Gallego, 10-2-1955, p. 9.
- ↑ El Pueblo Gallego, 1-9-1964, p. 9.
- ↑ Ribadavia recuerda a Jaime Dávila Sánchez como un buen alcalde