José Pérez Iglesias
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de xullo de 1952 ![]() Orega, España ![]() |
![]() | |
1999 – 2003 ← Jaime Dávila Sánchez – Marcos Blanco Jorge → ![]() | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político, profesor de ensino secundario ![]() |
Partido político | Partido Popular ![]() |
Membro de |
José Pérez Iglesias, nado en Orega (Leiro) o 2 de xullo de 1952, é un profesor e político galego do PPdeG. Casado e con dous fillos.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou no seminario e despois pasou ao Colexio Cisneros. Fixo o bacharelato no IES Otero Pedrayo de Ourense e a carreira de Xeografía e Historia na Universidade de Santiago de Compostela. Profesor de Xeografía e Historia no IES de Ribadavia, do que foi director entre 1986 e 1995. Militou no PNG. Nas eleccións municipais de 1995 encabezou a candidatura Independentes Concello de Ribadavia, logrando 2 concelleiros e sendo a chave de goberno. Desta forma, apoiou ó candidato do PPdeG Jaime Dávila Sánchez e pasou a ser tenente de alcalde e concelleiro de Cultura. Posteriormente integrouse no PPdeG, e encabezou a súa candidatura en substitución de Dávila nas municipais de 1999. En ditas eleccións foi a forza máis votada e foi elixido alcalde co apoio do único concelleiro de Jóvenes Populares do Ribeiro, o cal foi expulsado da formación por formar goberno cos populares de costas á organización. Durante este mandato chegou a ocupa-la presidencia da Mancomunidade de Concellos do Ribeiro.
En 2002 perdeu a maioría de goberno tras cesar no mes de febreiro unha das edís do grupo popular[1]. En novembro cesaría o edil electo por Jóvenes Populares[2]. Nas municipais de 2003 pese a volver se-la forza máis votada non obtivo a maioría absoluta, polo que perdeu a alcaldía tras lograr o PSdeG-PSOE un pacto co BNG. Nas municipais de 2007 foi superado polo PSdeG, polo que permaneceu como portavoz do PPdeG na oposición ata o final do mandato no 2011. En 2012 foi nomeado director do Servizo Público de Emprego Estatal en Ourense.[3]
Predecesor: Jaime Dávila Sánchez |
![]() Alcalde de Ribadavia 1999 - 2003 |
Sucesor: Marcos Blanco Jorge |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El alcalde de Ribadavia anuncia el cese de la portavoz del gobierno en la sede del PP
- ↑ El PP destituye al concejal de Obras de Ribadavia por romper la disciplina de voto
- ↑ La Voz de Galicia, Ourense, 17-6-2018, p. 12
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Pérez Iglesias, José". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. ISBN 84-8064-113-4.