Marcos Blanco Jorge
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1970 (53/54 anos) Ribadavia, España |
Alcalde de Ribadavia | |
2003 – 2015 ← José Pérez Iglesias – Ignacio Gómez Pérez → | |
Actividade | |
Ocupación | político, comerciante |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Membro de |
Marcos Blanco Jorge, nado en Ribadavia en 1970, é un político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Ciencias Políticas, aínda que non rematou a carreira. Exerceu como comerciante. Foi elixido concelleiro do PSdeG-PSOE en Ribadavia nas municipais de 1999. Nas municipais de 2003 encabezou a candidatura socialista e foi elixido alcalde grazas a un pacto de goberno co BNG. Nas municipais de 2007 gañou as eleccións con 6 escanos dos 13 cos que conta a capital do Ribeiro, polo que foi reelixido alcalde e mantivo o goberno de coalición cos nacionalistas, sendo o primeiro rexedor de Ribadavia en revalida-la alcaldía tras unhas eleccións. Nas municipais de 2011 repetiu os mesmos resultados, polo que volveu ser elixido alcalde, pero nesta ocasión non alcanzou un goberno de coalición co BNG e pasou a gobernar en minoría[1]. Non se presentou á reelección nas municipais de 2015[2], sendo substituído como candidato socialista e, finalmente, como alcalde por Ignacio Gómez. Tras 12 anos foi o alcalde que ostentou durante máis tempo o cargo na vila. Nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2016 foi candidato número 4 dos socialistas por Ourense sen resultar elixido.
Predecesor: José Pérez Iglesias |
Alcalde de Ribadavia 2003 - 2015 |
Sucesor: Ignacio Gómez Pérez |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El alcalde de Ribadavia, del PSOE, se apuntará al paro al dejarlo el BNG sin sueldo oficial
- ↑ "El alcalde de Ribadavia se descarta para ser candidato". La Región (en castelán). 2015-01-03. Consultado o 2022-06-06.