Dead Skeletons
Dead Skeletons | |
---|---|
Orixe | Reiquiavik, ![]() |
Período | 2008 - presente |
Xénero(s) | rock psicodélico, dream pop, space rock |
Selo(s) discográfico(s) | A Records, Too Pure, Sound of Cobra, Fuzz Club Records, Dead Monk Records |
Membros | Jón Sæmundur Auðarson Henrik Björnsson Ryan Carlson Van Kriedt |
Artistas relacionados | Singapore Sling, Sunsplit, Asteroid #4 |
Na rede | |
deadskeletons.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Dead Skeletons é unha banda de rock psicodélico islandesa formada en Reiquiavik no ano 2008 por Jón Sæmundur Auðarson (Nonni Dead), Henrik Björnsson e Ryan Carlson Van Kriedt.
Historia
[editar | editar a fonte]Dead Skeletons formouse en 2008 cando o líder Jón Sæmundur Auðarson realizou unha exposición no Museo de Arte de Reiquiavik. Necesitaba música para acompañar a instalación polo que Auðarson, Henrik Björnsson (tamén de Singapore Sling) e Ryan Carlson Van Kriedt (ex-Sunsplit, tamén en Asteroid #4) gravaron a canción "Dead Mantra", que se converteu nun éxito no underground conseguíndolles un contrato con A Records, que editou o tema como sinxelo o 26 de novembro de 2010.
O seu álbum de estrea, Dead Magick, foi editado o 11 de novembro de 2011, seguido de tres lanzamentos en 2012: o sinxelo "Om Mani Peme Hung" en xaneiro (a través de Too Pure), o EP (Orð) en setembro (a través de Sound of Cobra) e un sinxelo de dous temas titulado" Buddha-Christ" en decembro (a través de Fuzz Club Records).[1] En novembro de 2013 a banda editou outro sinxelo de dous temas, "Dead Comet", a través do selo Dead Monk Records.
Dead Skeletons foi invitada a actuar no festival All Tomorrow's Parties Iceland en xuño de 2013 en Ásbrú.[2]
Unha influencia importante no espírito da banda é a condición de seropositivo de Auðarson durante moito tempo e o seu resultante medo á morte.[3] The Guardian comentou, "a filosofía de Dead Skeletons baséase nun berro de batalla psicodélico e nunha serie de mantras para inspirar á xente a aceptar a vida e a morte nunha mesma medida".[4]
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Dead Magick | 2011 | A Records |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Dead Skeletons". Discogs (en inglés). Consultado o 2020-01-11.
- ↑ "Dead Skeletons". All Tomorrow's Parties (en inglés). Consultado o 2020-01-11.
- ↑ "The Quietus | Features | Escape Velocity | Spiritual Battle Songs: Dead Skeletons Interviewed". The Quietus (en inglés). Consultado o 2020-01-11.
- ↑ McGee, Alan (2009-10-28). "Dig it! Anton Newcombe finds his spiritual home at last | Alan McGee". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2020-01-11.