Debbie Reynolds
Mary Frances "Debbie" Reynolds, nada en El Paso o 1 de abril de 1932 e finada nos Ánxeles o 28 de decembro de 2016, foi unha actriz, cantante e empresaria estadounidense, cunha carreira de case setenta anos. Foi candidata ao Globo de Ouro á mellor promesa pola súa interpretación de Helen Kane no filme de 1950 Three Little Words, e revelouse pola súa primeira protagonista, Kathy Selden en Singin' in the Rain (1952). Outros éxitos seus foron The Affairs of Dobie Gillis (1953), Susan Slept Here (1954), Bundle of Joy (1956, candidata ao Globo de Ouro), The Catered Affair (1956, mellor actriz secundaria pola National Board of Review) e Tammy and the Bachelor (1957), en que interpretou a canción "Tammy", que alcanzou o número un da clasificación da revista Billboard.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Reynolds protagonizou Singin' in the Rain (1952), A conquista do Oeste (1962) e The Unsinkable Molly Brown (1964), filme biográfico sobre a célebre Molly Brown.[1] A súa interpretación de Brown supúxolle unha candidatura ao Óscar á mellor actriz. Outros dos seus filmes foron The Singing Nun (1966), Divorce American Style (1967), ¿Que lle pasa a Helen? (1971), A arañeira de Charlotte (1973), Mother (1996), pola que obtivo unha nova candidatura aos Globos de Ouro, e In & Out (1997). Reynolds tamén foi intérprete de cabaré. En 1979, fundou Debbie Reynolds Dance Studio en North Hollywood.[2]
En 1959, publicou o seu primeiro álbum de música pop, titulado Debbie.[3]
En 1969, protagonizou na televisión The Debbie Reynolds Show, pola que foi candidata aos Globos de Ouro. En 1973, Reynolds protagonizou unha versión para Broadway do musical Irene e foi candidata ao premio Tony á mellor actriz de musical. Tamén optou ao premio Daytime Emmy Award polo seu traballo en A Gift of Love (1999) e ao Primetime Emmy por interpretar a nai de Grace, Bobbi, en Will & Grace. No inicio do século XXI, Reynolds chegou a unha xeración máis nova polo seu papel de Aggie Cromwell na serie de Disney Halloweentown.
En 1988, publicou a súa autobiografía, titulada Debbie: My Life. En 2013, publicouse unha segunda autobiografía, Unsinkable: A Memoir.[4]
Reynolds realizou tamén varias aventuras empresariais, incluída a propiedade dun estudio de danza e un hotel e casino en Las Vegas, e foi unha coleccionista de memorabilia cinematográfica, que comezou cos obxectos adquiridos na poxa de MGM de 1970. Foi presidenta de The Thalians, organización dedicada á causa da saúde mental.[1]
Reynolds continuou a actuar con éxito no teatro, na televisión e no cinema cumpridos os oitenta anos. En xaneiro de 2015, recibiu o premio honorífico do Screen Actors Guild.[1] En 2016, recibiu o premio Jean Hersholt.[5] Ese mesmo ano, estreouse un documental sobre a súa vida titulado Bright Lights: Starring Carrie Fisher and Debbie Reynolds, que resultou a súa última aparición no cinema; o filme estreouse en HBO o 7 de xaneiro de 2017.[6][7]
Reynolds faleceu o 28 de decembro de 2016 tras sufrir un infarto. O seu pasamento sucedeu un días despois do da súa filla, Carrie Fisher.[8][9]
Vida privada
[editar | editar a fonte]Reynolds casou en tres ocasións. O primeiro matrimonio foi co cantante Eddie Fisher en 1955.[10] Foron pais de Carrie (1956–2016) e Todd Fisher (1958). A parella divorciouse en 1959 cando se descubriu que pouco despois da morte do marido de Elizabeth Taylor, Mike Todd, Fisher mantivo unha relación con Taylor. Nese momento Taylor e Reynolds eran boas amigas. O asunto foi un grande escándalo público que provocou a cancelación do programa de televisión de Eddie Fisher.[11]
En 2011, Reynolds apareceu en The Oprah Winfrey Show poucas semanas antes do falecemento de Elizabeth Taylor e explicou que as dúas coincidiran viaxando no cruceiro Queen Elizabeth a finais dos sesenta ou principios dos setenta cando se reconciliaron.[12] Reynolds enviou unha nota ao cuarto de Taylor e esta respondeulle cunha proposta para cear xuntas e rematar coa súa disputa. Reynolds describiuno como "un serán marabilloso con moitas risas".[13]
O segundo matrimonio de Reynolds, co empresario millonario Harry Karl, durou de 1960 a 1973.[12] Durante un período na década de 1960, deixou de traballar no estudio o venres pola tarde para asistir ás reunións das Girl Scout, xa que era a líder da tropa da que formaban parte a súa filla Carrie e a súa fillastra Tina Karl, ambas de trece anos.[14] Reynolds viuse posteriormente en dificultades financeiras a causa das apostas e os malos investimentos de Karl.[1] O terceiro matrimonio de Reynolds foi co investidor inmobiliario Richard Hamlett entre 1984 e 1996.
Filmografía
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Personaxe | Notas | Referencias |
---|---|---|---|---|
1948 | June Bride | Boo's Girlfriend at Wedding | Sen acreditar | [15][16][17] |
1950 | The Daughter of Rosie O'Grady | Maureen O'Grady | [15][16][17] | |
Three Little Words | Helen Kane | [15][16][17] | ||
Two Weeks with Love | Melba Robinson | [15][16][17] | ||
1951 | Mr. Imperium | Gwen | [15][16][17] | |
1952 | Singin' in the Rain | Kathy Selden | [15][16][17] | |
Skirts Ahoy! | Ela mesma | Sen acreditar | [15][16][17] | |
1953 | I Love Melvin | Judy Schneider / Judy LeRoy | [15][16][17] | |
The Affairs of Dobie Gillis | Pansy Hammer | [15][16][17] | ||
Give a Girl a Break | Suzy Doolittle | [15][16][17] | ||
1954 | Susan Slept Here | Susan Beauregard Landis | [15][16][17] | |
Athena | Minerva Mulvain | [15][16][17] | ||
1955 | Hit the Deck | Carol Pace | [15][16][17] | |
The Tender Trap | Julie Gillis | [15][16][17] | ||
1956 | Meet Me in Las Vegas | Ela mesma | Sen acreditar | [15][16][17] |
The Catered Affair | Jane Hurley | [15][16][17] | ||
Bundle of Joy | Polly Parish | [15][16][17] | ||
1957 | Tammy and the Bachelor | Tammy | [15][16][17] | |
1958 | This Happy Feeling | Janet Blake | [15][16][17] | |
1959 | The Mating Game | Mariette Larkin | [15][16][17] | |
Say One for Me | Holly LeMaise, aka Conroy | [15][16][17] | ||
It Started with a Kiss | Maggie Putnam | [15][16][17] | ||
The Gazebo | Nell Nash | [15][16][17] | ||
1960 | The Rat Race | Peggy Brown | [15][16][17] | |
Pepe | Cameo | [15][16][17] | ||
1961 | The Pleasure of His Company | Jessica Anne Poole | [15][16][17] | |
The Second Time Around | Lucretia 'Lu' Rogers | [15][16][17] | ||
1962 | A conquista do Oeste | Lilith Prescott | [15][16][17] | |
1963 | My Six Loves | Janice Courtney | [15][16][17] | |
Mary, Mary | Mary McKellaway | [15][16][17] | ||
1964 | The Unsinkable Molly Brown | Molly Brown | [15][16][17] | |
Adeus, Charlie | Charlie Sorel/Virginia Mason | [15][16][17] | ||
1966 | The Singing Nun | Sister Ann | [15][16][17] | |
1967 | Divorce American Style | Barbara Harmon | [15][16][17] | |
1968 | How Sweet It Is! | Jenny Henderson | [15][16][17] | |
1969 | Debbie Reynolds and the Sound of Children | Ela mesma | Telefilme | |
1971 | ¿Que lle pasa a Helen? | Adelle | [15][16][17] | |
1973 | A arañeira de Charlotte | Charlotte A. Cavatica (voz) | [15][16][17] | |
1974 | Busby Berkeley | Documental | ||
1982 | That's Entertainment! | Filme recompilatorio | [15][16][17] | |
1987 | Sadie and Son | Sadie | Telefilme | [15][16][17] |
1989 | Perry Mason: The Case of the Musical Murder | Amanda Cody | Telefilme | [15][16][17] |
1992 | Battling for Baby | Helen | Telefilme | [15][16][17] |
O escolta | Ela mesma | Cameo | [15][16][17] | |
1993 | Jack L. Warner: The Last Mogul | Documental | [17] | |
Heaven & Earth | Eugenia | [15][16][17] | ||
1994 | That's Entertainment! III | Filme recompilatorio | [15][16][17] | |
1996 | Mother | Beatrice Henderson | [15][16][17] | |
Wedding Bell Blues | Ela mesma | [15][16][17] | ||
1997 | In & Out | Berniece Brackett | [15][16][17] | |
1998 | Fear and Loathing in Las Vegas | Ela mesma (voz) | [15][16][17] | |
Majo no Takkyūbin | Madame (voz, dobraxe en inglés de Disney) | [15][16][17] | ||
Zack and Reba | Beulah Blanton | [15][16] | ||
Rudolph the Red-Nosed Reindeer: The Movie | Mrs. Claus / Mitzi – Rudolph's Mother / Mrs. Prancer – School Teacher (voz) | [15][16][17] | ||
Halloweentown | Splendora Agatha "Aggie" Cromwell | Telefilme | [15][16][17] | |
The Christmas Wish | Ruth | Telefilme | [15][16] | |
1999 | A Gift of Love: The Daniel Huffman Story | Shirlee Allison | Telefilme | [15][16][17] |
Keepers of the Frame | Documental | [15][16][17] | ||
2000 | Rugrats in Paris: The Movie | Lulu Pickles (voz) | [15][16][17] | |
Virtual Mom | Gwen | Telefilme | ||
Rugrats: Acorn Nuts & Diapey Butts | Lulu Johnson (voz) | |||
2001 | These Old Broads | Piper Grayson | Telefilme | [15][16][17] |
Halloweentown II: Kalabar's Revenge | Splendora Agatha "Aggie" Cromwell | Telefilme | [15][16][17] | |
2002 | Cinerama Adventure | Ela mesma (entrevistada) | Documental | |
Generation Gap | Telefilme | |||
2004 | Connie and Carla | Ela mesma | [15][16][17] | |
Halloweentown High | Splendora Agatha "Aggie" Cromwell | Telefilme | [15][16][17] | |
2006 | Return to Halloweentown | Splendora Agatha "Aggie" Cromwell | Telefilme Cameo |
[15][16][17] |
Lolo's Cafe | Mrs. Atkins (voz) | Telefilme | ||
2007 | Mr. Warmth: The Don Rickles Project | Ela mesma (entrevistada) | Documental | [15][16][17] |
2008 | Light of Olympia | Queen (voz) | ||
The Jill & Tony Curtis Story | Ela mesma | Documental | [17] | |
The Brothers Warner | Documental | [17] | ||
Fay Wray: A Life | Documental | |||
2012 | One for the Money | Grandma Mazur | [15][16][17] | |
In the Picture | Aunt Lilith | Curtametraxe | ||
2013 | Behind the Candelabra | Frances Liberace | Telefilme | [15][16][17] |
2016 | Bright Lights: Starring Carrie Fisher and Debbie Reynolds | Ela mesma | Documental | [18] |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Lowry, Brian (28 de decembro de 2016). "Debbie Reynolds, 'Singin' in the Rain' star, dies at 84". CNN. Consultado o 29 de novembro de 2016.
- ↑ "About". Debbie Reynolds Dance Studios. Arquivado dende o orixinal o 26 de novembro de 2015. Consultado o 27 de agosto de 2015.
- ↑ "Obituary: Debbie Reynolds, a wholesome Hollywood icon". BBC News (Londres). 29 de decembro de 2016. Consultado o 29 de decembro de 2016.
- ↑ "Debbie Reynolds Memoir: 'Unsinkable' To Highlight Divorces". The Huffington Post. Associated Press. 31 de xaneiro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 5 de marzo de 2016. Consultado o 29 de decembro de 2016.
- ↑ Reynolds to Receive Award. Consultado o 27 de agosto de 2015
- ↑ Littleton, Cynthia. "Inside Debbie Reynolds and Carrie Fisher's Upcoming HBO Documentary: 'It's a Love Story'". Variety. Consultado o 29 de decembro de 2016.
HBO will carefully consider the appropriate timing given the tragic developments
- ↑ de Morales, Lisa (30 de decembro de 2016). "HBO Moves 'Bright Lights' Debut In Wake of Carrie Fisher, Debbie Reynolds Deaths". Deadline Hollywood. Consultado o 30 de decembro de 2016.
- ↑ Almasy, Steve (28 de decembro de 2016). "Debbie Reynolds dies one day after daughter Carrie Fisher passes". CNN. Consultado o 28 de decembro de 2016.
Reynolds had complained of breathing problems, an unidentified source told The [Los Angeles] Times.
- ↑ "Photo of Debbie Reynolds and Carrie Fisher". Los Angeles Times. 28 de decembro de 2016.
- ↑ Grimes, William (24 de setembro de 2010). "Eddie Fisher, Singer and Actor, Dies at 82". The New York Times. ISSN 0362-4331. Consultado o 29 de decembro de 2016.
- ↑ Foster, James F. (11 de febreiro de 2014). The Fabulous Fifties (en inglés). Page Publishing Inc. ISBN 9781634172073.
- ↑ 12,0 12,1 "Debbie Reynolds on How Elizabeth Taylor Stole Her Husband". ABC News. 21 de xaneiro de 2015. Consultado o 29 de decembro de 2016.
- ↑ "Debbie Reynolds Reveals How She Forgave Elizabeth Taylor". The Hollywood Reporter. Consultado o 29 de decembro de 2016.
- ↑ "Where Does Debbie Reynolds Go Every Friday Afternoon?". The San Bernardino County Sun. 23 de novembro de 1969.
- ↑ 15,00 15,01 15,02 15,03 15,04 15,05 15,06 15,07 15,08 15,09 15,10 15,11 15,12 15,13 15,14 15,15 15,16 15,17 15,18 15,19 15,20 15,21 15,22 15,23 15,24 15,25 15,26 15,27 15,28 15,29 15,30 15,31 15,32 15,33 15,34 15,35 15,36 15,37 15,38 15,39 15,40 15,41 15,42 15,43 15,44 15,45 15,46 15,47 15,48 15,49 15,50 15,51 15,52 15,53 15,54 15,55 15,56 15,57 15,58 15,59 15,60 15,61 15,62 15,63 "Filmography for Debbie Reynolds". Turner Classic Movies. Consultado o 3 de xaneiro de 2017.
- ↑ 16,00 16,01 16,02 16,03 16,04 16,05 16,06 16,07 16,08 16,09 16,10 16,11 16,12 16,13 16,14 16,15 16,16 16,17 16,18 16,19 16,20 16,21 16,22 16,23 16,24 16,25 16,26 16,27 16,28 16,29 16,30 16,31 16,32 16,33 16,34 16,35 16,36 16,37 16,38 16,39 16,40 16,41 16,42 16,43 16,44 16,45 16,46 16,47 16,48 16,49 16,50 16,51 16,52 16,53 16,54 16,55 16,56 16,57 16,58 16,59 16,60 16,61 16,62 16,63 "Debbie Reynolds - Credits". TV Guide. Consultado o 19 de febreiro de 2017.
- ↑ 17,00 17,01 17,02 17,03 17,04 17,05 17,06 17,07 17,08 17,09 17,10 17,11 17,12 17,13 17,14 17,15 17,16 17,17 17,18 17,19 17,20 17,21 17,22 17,23 17,24 17,25 17,26 17,27 17,28 17,29 17,30 17,31 17,32 17,33 17,34 17,35 17,36 17,37 17,38 17,39 17,40 17,41 17,42 17,43 17,44 17,45 17,46 17,47 17,48 17,49 17,50 17,51 17,52 17,53 17,54 17,55 17,56 17,57 17,58 17,59 17,60 17,61 17,62 17,63 17,64 "Debbie Reynolds Filmography". Rotten Tomatoes. Consultado o 19 de febreiro de 2017.
- ↑ "'Bright Lights: Starring Debbie Reynolds and Carrie Fisher': Cannes Review". The Hollywood Reporter. 14 de maio de 2016. Consultado o 11 de xuño de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Debbie Reynolds |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Reynolds, Debbie (con David Patrick Columbia) (1988). Debbie: My Life. William Morrow and Company. ISBN 978-0-688-06633-8.
- Reynolds, Debbie (con Dorian Hannaway) (2013). Unsinkable: A Memoir. William Morrow and Company. ISBN 978-0-062-21365-5.
- Reynolds, Debbie (con Dorian Hannaway) (2015). Make 'Em Laugh: Short-Term Memories of Longtime Friends. William Morrow and Company. ISBN 978-0-06-241663-6.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial
- Debbie Reynolds Studio Store website Arquivado 10 de decembro de 2019 en Wayback Machine.
- Debbie Reynolds at TVGuide.com
- Radio broadcast WSRQ "Big Band Files w/Doug Miles" en Wayback Machine (archived 13 de novembro de 2009)
- Photographs and literature
- Debbie Reynolds at Emmys.com
- Debbie Reynolds profile at Aveleyman.com Arquivado 01 de abril de 2020 en Wayback Machine.