Saltar ao contido

Declaración dos Dereitos do Neno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nenos xogando.

A Declaración dos Dereitos do Neno foi deseñada por Eglantyne Jebb e adoptada pola International Save the Children Union, Xenebra, o 23 de febreiro en 1923 e apoiada pola Asemblea Xeral da Sociedade das Nacións o 26 de novembro de 1924.

A través desta declaración, coñecida comunmente como Declaración de Xenebra, homes e mulleres de todas as nacións, recoñecendo que os nenos son o mellor que a humanidade ten, declara e acepta como o seu deber, máis alá de toda consideración de raza, nacionalidade ou credo, que:

  1. Ao neno débeselle dar os medios necesarios para o seu desenvolvemento normal, material e espiritual.
  2. O neno famento debe ser alimentado, o neno enfermo debe ser curado, o neno maltratado debe ser protexido, o neno explotado debe ser socorrido, o neno orfo e abandonado debe ser acollido.
  3. O neno debe ser o primeiro en recibir auxilio en caso dun desastre.
  4. O neno debe ter sustento, e ser protexido contra todo tipo de explotación.
  5. O neno debe ser levado a concienciarse de ser devoto ao servizo do home.

O documento orixinal, nos arquivos da cidade de Xenebra, leva a firma de varios delegados internacionais, entre eles Eglantyne Jebb, Janusz Korczak, e Gustave Ador, expresidente da Confederación Suíza.

As Organización das Nacións Unidas adoptou unha versión lixeiramente emendada en 1946 e o 20 de novembro de 1959 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas adoptou unha versión expandida como a súa propia Declaración dos Dereitos do Neno.

Texto de 1959

[editar | editar a fonte]

A Declaración aprobada en 1959 consta de 10 artigos sendo o seu contido fundamentalmente o seguinte:

Artigo
Dereito
Artigo 1
Non discriminación por motivos de raza, cor, sexo, idioma, relixión, opinión, políticas ou doutra índole, orixe nacional ou social, posición económica, nacemento ou outra condición
Artigo 2
O neno gozará dunha protección especial
Artigo 3
Dereito ao nome e á nacionalidade desde o nacemento
Artigo 4
Dereito aos beneficios da Seguridade Social
Artigo 5
Os nenos impedidos física ou mentalmente recibirán os coidados e axudas que precisen
Artigo 6
O neno precisa amor e comprensión, e non debe ser afastado da súa nai, salvo circunstancias excepcionais
Artigo 7
Dereito á educación gratuíta e obrigatoria nas etapas elementais
Artigo 8
Prioridade do neno en obter protección e socorro
Artigo 9
Protección contra toda forma de crueldade, abandono e explotación.
Artigo 10
Protección contra a discriminación racial, relixiosa ou doutra índole.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]