Demócares
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século IV a. C. |
Morte | 275 a. C. |
Actividade | |
Ocupación | político, orador |
Familia | |
Nai | Kleobule |
Descrito pola fonte | Encyclopædia Britannica Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru |
Demócares de Leucónoe foi un orador e político ateniense, de entre os séculos -IV e -III Era sobriño de Demóstenes, fillo dunha irmá deste e de Laques[1].
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Atribuíuselle unha historia dos feitos ocorridos na Atenas do seu tempo, nun estilo oratorio, non histórico, que non se conservou[2].
Consérvase un texto no que Demócares solicitou unha estatua de bronce na Ágora de Demóstenes, o seu tío, así como manutención e un posto de preferencia para el e para o maior dos seus fillos, por ser gran benfeitor dos atenienses[3].
Un relato mencionado por Séneca explicaba que a Demócares lle chamaban «parrheriastes», por mor da liberdade excesiva da súa linguaxe, ás veces imprudente, como nunha ocasión na que, tendo sido enviado xunto a outros atenienses en misión diplomática á corte de Filipo IV de Macedonia, o rei preguntou aos atenienses que podería facer que fose lles grato a eles, e Demócares contestou: «Aforcarte». Filipo, con todo, non se alterou e dixo aos presentes que o deixasen marchar san e salvo[4]. Tamén sufriu un desterro por mor dunhas palabras ofensivas que dirixiu contra Estratocles[5].
No ano -306 apoiou unha proposta que no seu momento realizara Sófocles segundo a cal debía prohibirse o ensino da filosofía antidemocrática[6]. Á súa vez, Laques, fillo de Demócares, solicitou unha estatua para o seu pai, que se di que foi levada ao Pritaneo[7].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Pseudo Plutarco, Vidas dos dez oradores 847d
- ↑ Cicerón, Bruto 83.
- ↑ Pseudo Plutarco, Vidas dos dez oradores 850f-851c.
- ↑ Séneca, Da ira 23, 2-3.
- ↑ Plutarco, Vida de Demetrio 24.
- ↑ Albin Lesky, Historia de la literatura griega p. 642. Madrid: Gredos 1976, ISBN 84-249-3132-7.
- ↑ Pseudo Plutarco, Vidas dos dez oradores 847e