Demografía de Islandia
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/8a/Iceland-demography.png/220px-Iceland-demography.png)
A maioría dos islandeses descenden de poboadores noruegueses e celtas orixinarios de Irlanda, sendo a poboación notablemente homoxénea. De acordo con estatísticas do goberno islandés o 99% da poboación vive en áreas urbanas (ou sexa, en localidades con poboacións maiores de 200 persoas), das cales o 60% vive en Reiquiavik e os seus arredores.
Das linguas nórdicas, o islandés é a máis próxima ao noruegués antigo, e ten permanecido practicamente inmutable dende o século XII. Por causa de seu pequeno tamaño e relativa homoxeneidade, Islandia ten tódalas características dunha sociedade bastante pechada.
Preto do 91% da poboación pertenza á igrexa oficial, a Igrexa Evanxélica Luterana, ou a outras igrexas luteranas. Con todo hai unha completa liberdade relixiosa, e outras congregacións protestantes e o catolicismo tamén están presentes. Unha notable congregación relixiosa, e a que máis rapidamente creceu en 2003, foi a Ásatrúarfélagið, ou Comunidade Ásatrú, que revive a relixión pre-cristiá de Islandia.
Datos demográficos
[editar | editar a fonte]- Poboación: estimada en 319.756 (1 de decembro de 2008)
- Estrutura por idade:
- 0-14 anos: 21,7% (homes 33.021; mulleres 32.021)
- 15-64 anos: 66,5% (homes 100.944; mulleres 98.239)
- 65 anos e máis: 11,7% (homes 15.876; mulleres 19.287) (2006)
- Idade media:
- Total da poboación: 34,2 anos.
- Homes: 33,8 anos.
- Mulleres: 34,7 anos. (2006)
- Taxa de crecemento da poboación: 0,87% (2006)
- Taxa de nacemento: 13,64 nacementos/1.000 habitantes (2006)
- Taxa de mortaldade: 6,72 mortes/1.000 (2006)
- Taxa de migración neta: 1,74% migrante(s)/1.000 habitantes (2006)
- Sexo:
- Nados: 1,04 home(s)/muller
- Menores de 15 anos: 1,03 home(s)/muller
- 15-64 anos: 1,03 home(s)/muller
- 65 anos e máis: 0,82 home(s)/muller
- Total da poboación: 1 home(s)/muller (2006)
- Taxa de mortaldade infantil: 3,29 mortes/1.000 nacementos
- Mulleres: 3,14 mortes/1.000 nacementos.
- Homes: 3,43 mortes/1.000 nacementos.
- Esperanza de vida ao nacer:
- Total da poboación: 80,31 anos
- Mulleres: 82,48 anos
- Homes: 78,23 anos (2006)
- Nacionalidade: islandés
- Grupos étnicos:
- Islandeses, unha mestura homoxénea de descendentes de noruegueses e celtas 94%
- Poboación de orixe estranxeira: 6%.
- Relixión:
- protestante luterano 85,5%
- Outros protestantes 5,1%
- católico romano 2%, outros 7,4% (2004)
- Linguas:
- Islandés (oficial)
- Inglés
- Linguas nórdicas
- O alemán é amplamente falado.
- Alfabetismo:
- Definición: a partir dos 15 anos que poden ler e escribir.
- Total da poboación: 99,9% (2003)
- Homes: (99%)
- Mulleres: (99%)