Saltar ao contido

Dendragapus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Dendragapus

Dendragapus obscurus, macho
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Orde: Galliformes
Familia: Phasianidae
Subfamilia: Tetraoninae
Xénero: Dendragapus
Elliot, 1823
Especies
Véxase o texto
Dendragapus obscurus, femia
Dendragapus fuligionosos, femia

Dendragapus é un xénero de aves da orde dos galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos tetraoninos.[1]

Para a maioría dos autores comprende dúas especies que habitan en América do Norte.[2][3][4] Porén, outros autores reducen o seu número a unha, e outros elevan a tres ou catro o número das súas especies.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito en 1823 polo zoólogo estadounidense Daniel Giraud Elliot,[1] en Proc. Acad. Nat. Sci. Philadelphia 16: 23.[5]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O nome científico do xénero, Dendragapus, está formado polos elementos do latín científico dendr- e -agapus. O primeiro está tirado da raíz do substantivo do grego antigo δένδον déndron, 'árbore', e o segundo de ἀγαπό agapó, 'amante', derivado do verbo ἀγαπάω agapáō, 'amar', 'querer', 'desexar'.[6] Literalmente: 'os amantes das árbores'.

Como quedou dito, a maioría dos autores recoñecen no xénero dúas especies:

Controversia taxonómica

[editar | editar a fonte]

Dadas as similitudes entre moitas das especies dos tetraoninos, non hai acordo unánime sobre a taxonomía do xénero Dengragapus.

Así, por exemplo, o Sistema Integrado de Información Taxonómica (ITIS), só considera como válida a especie Dengragapus obscurus,[1] considerando a Dendragapus fuliginosus como unha subespecie desta, Dendragapus obscurus fuliginosus (Ridgway, 1873),[7] utilizando como fonte a Zoonomen - Zoological Nomenclature Resource, 2005.05.23.

Outros consideran a especie Dendragapus falcipennis, que a maioría clasifican como Falcipennis falcipennis.[8][9][10]

Finalmente, outros consideran a Dendragapus canadensis, especie definida por Linneo como Tetrao canadensis Linnaeus, 1758, que a maioría dos autores clasifican tamén dentro do xénero Falcipennis, como Falcipennis canadensis.[11]

  1. 1,0 1,1 1,2 Dendragapus Elliot, 1864 no ITIS.
  2. del Hoyo, J.; Elliott, A.; & Sargatal, J., eds. (1994): Handbook of the Birds of the World 2. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-87334-15-6.
  3. Banks, R. C.; Cicero, C.; Dunn, J. L.; Kratter, A. W.; Rasmussen, P. C.; Remsen, J. V. Jr.; Rising, J. D.; Stotz, D. F. (2006). "Forty-seventh Supplement to the American Ornithologists' Union Check-list of North American Birds" (PDF). The Auk 123 (3): 926–936. ISSN 0004-8038. doi:10.1642/0004-8038(2006)123[926:FSTTAO]2.0.CO;2. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de febreiro de 2015. Consultado o 11 de xaneiro de 2018. 
  4. del Hoyo, J., Collar, N. J., Christie, D. A., Elliott, A. and Fishpool, L. D. C. (2014): HBW and BirdLife International Illustrated Checklist of the Birds of the World. Volume 1: Non-passerines. Barcelona, Spain and Cambridge, UK.: Lynx Edicions BirdLife International. ISBN 978-84-9655-394-1.
  5. Alan P. Peterson: Dendragapus en Galliformes.
  6. James A.Jobling (2010): The Helm Dictionary of Scientific Bird Names Arquivado 18 de novembro de 2021 en Wayback Machine. London: Christopher Helm. ISBN 978-1-4081-2501-4.
  7. Dendragapus obscurus fuliginosus (Ridgway, 1873) no ITIS.
  8. del Hoyo, J.; Elliott, A.; Sargatal, J.; Christie D. A. & de Juana E., coords. Handbook of the Birds of the World Alive. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 978-84-8733-415-3.
  9. BirdLife International (2017): Siberian Grouse. Falcipennis falcipennis na Lista vermella da UICN.
  10. Gallo siberiano. Falcipennis falcipennis (Hartlaub, 1855) en Avibase.
  11. BirdLife International (2016): Spruce Grouse. Falcipennis canadensis na Lista vermella da UICN.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • del Hoyo, J., Collar, N. J., Christie, D. A., Elliott, A. e Fishpool, L. D. C. (2014): HBW and BirdLife International Illustrated Checklist of the Birds of the World. Volume 1: Non-passerines. Barcelona, España e Cambridge, Reino Unido: Lynx Edicions BirdLife International. ISBN 978-84-9655-394-1.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]