Dendragapus fuliginosus
Dendragapus fuliginosus | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Macho exhibínose na parada nupcial | |||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Dendragapus fuliginosus (Ridgway, 1873) | |||||||||||||||||||
Área de distribución de Dendragapus fuliginosus
| |||||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||
|
Dendragapus fuliginosus é unha especie de ave da orde dos galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos tetraoninos, unha das dúas que integran o xénero Dendragapus.
É un tetraonino de tamaño mediano, propio das rexións próximas á costa do Pacífico desde a Columbia Británica (Canadá) aos Estados Unidos, até California, moi semellante ao seu conxénere Dendragapus obscurus.
Características
[editar | editar a fonte]Moi semellante e estreitamente relacionado filoxeneticamente con Dendragapus obscurus), antigamente ambas as especies foron consideradas como conespecíficas,[2][3][4] pero na actualidade recoñécense como especies independentes,[5] e desde 2006 a American Ornithologists' Union volveunas considerer como independentes.[6]
A plumaxe dos machos adultos é predominantemente escura, e a súa cola é longa, de forma cuadrangular, e de cor gris na súa porción distal. Os machos presentan unha bolsa de aire amarela na garganta, rodeada de plumas brancas, e unha carúncula amarela sobre o ollo, visíbeis durante a exhibición nupcial. As plumaxe das femias adultas é apencada, con plumas castañas con marcas brancas e castaño escuras nas partes ventrais.[3]
Distribución e hábitat
[editar | editar a fonte]Esta pita do monte ten unha ampla (e estreita) área de distribución, que se estende desde polas rexións montañosas, próximas ao Pacífico, do oeste de América do Norte, desde o sueste de Alasca e o sur de Yukón até California. Encóntrase nunha variedade de hábitats de bosques perennifolios de piñeiros e abetos e mixtos, desde o nivel do mar até os 3 600 m de altitude, cerca do límite das árbores. As súas poboaciónes aparentemente flutúan máis marcadamente que as poboacións, situadas máis ao interior, de D. fuliginosus, debido a perturbacións estacionais do seu hábitat.[1][3][7]
Bioloxía
[editar | editar a fonte]Estas aves on residentes permanentes, pero poden desprazarse a curtas distancias camiñando ou con voos curtos cara a áreas con bosques máis densos en inverno, co estraño hábito de moverse cara a altitudes maiores no inverno.[2]
Aliméntanse no solo, ou nas árbores en inverno. Nesta estación comen principalmente acículas de abetos e de Pseudotsuga taxifolia (abeto de Douglas) e, ocasionalmente, tamén acículas de Tsuga sp. e de Pinus sp. En verán son máis importantes outras plantas (Pteridium, Salix), bagas (Gaultheria, Mahonia, Rubus, Vaccinium) e insectos (particularmente formigas, escaravellos e saltóns).[2]
Na época de celo os machos cantan marcando os seus territorios e fan curtos voos batendo as ás para atraeren ás femias. Os niños son simpes escavacións no solo escondidos entre arbustos ou pólas de árbores caídas. As fembras deixan o territorio dos machos despois do apareamento. Os polos aliméntase de exclusivamente de insectos nos primeiros dez días de vida.[2]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A especie foi descrita en 1873 polo ornitólogo estadounidense, especializado en taxonomía, Robert Ridgway nunha nota ao pé da páxina 14 do traballo Exped. Rocky Mt. [James]Phila. 2ª ed.,[8] baixo o nome de Tetrao fuliginosus.[Cómpre referencia]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]Para a do xénero, véxase Dendragapus.
O epíteto específico fai referencia á cor da súa plumaxe.
Sinónimo
[editar | editar a fonte]- Dendragapus obscurus fuliginosus (Ridgway, 1873)
Subespecies
[editar | editar a fonte]Recoñécense catro subespecies:[9][10]
- Dendragapus fuliginosus fuliginosus (Ridgway, 1874)
- Dendragapus fuliginosus sitkensis Swarth, 1921
- Dendragapus fuliginosus sierrae Swarth, 1921
- Dendragapus fuliginosus howardi Dickey & van Rossem, 1923
Controversia taxonómica
[editar | editar a fonte]Dadas as similitudes entre moitas das especies dos tetraoninos, non hai acordo unánime sobre a taxonomía do xénero Dengragapus.
Así, por exemplo, o Sistema Integrado de Información Taxonómica (ITIS), só considera como válida a especie Dengragapus obscurus,[11] considerando a Dendragapus fuliginosus como unha subespecie desta, Dendragapus obscurus fuliginosus (Ridgway, 1873),[12] utilizando como fonte a Zoonomen - Zoological Nomenclature Resource (23-05-2005). Porén, o Grouse Specialist Group (Grupo de especialistas en pitas do monte) recoñece a ambas as especes, Dendragapus obscurus e Dendragapus fuliginosus, como especies independentes.[5]
Outros consideran a especie Dendragapus falcipennis, que a maioría clasifican como Falcipennis falcipennis.[13][14][15]
Finalmente, outros consideran a Dendragapus canadensis, especie definida por Linneo como Tetrao canadensis Linnaeus, 1758, que a maioría dos autores clasifican tamén dentro do xénero Falcipennis, como Falcipennis canadensis.[16]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 BirdLife International (2016): Dendragapus fuliginosus na Lista vermella da UICN. Versión 2018-2. Consultada o 25 de febreiro de 2019.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 del Hoyo, J., et al. 1994, pp. 401-402.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Sibley, D. (2000). The Sibley Guide to Birds. New York: Alfred A. Knopf. pp. 143. ISBN 0-679-45122-6.
- ↑ Banks, R. C.; Cicero, C.; Dunn, J. L.; Kratter, A. W.; Rasmussen, P. C.; Remsen, J. V. Jr.; Rising, J. D.; Stotz, D. F. (2006). "Forty-seventh Supplement to the American Ornithologists' Union Check-list of North American Birds" (PDF). The Auk 123 (3): 926–936. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de febreiro de 2015. Consultado o 22 de febreiro de 2019.
- ↑ 5,0 5,1 Schroeder, M. A. 2004, pp. 4-6.
- ↑ Banks, R. C.; Cicero, C.; Dunn, J. L.; Kratter, A. W.; Rasmussen, P. C.; Remsen, J. V. Jr.; Rising, J. D. & Stotz, D. F. (2006): "Forty-seventh Supplement to the American Ornithologists' Union Check-list of North American Birds" (PDF). The Auk 123 (3): 926–936.
- ↑ del Hoyo, J., Elliott, A., & Sargatal, J., eds. (1994). Handbook of the Birds of the World 2: 401-402. Lynx Edicions, Barcelona ISBN 84-87334-15-6.
- ↑ Dendragapus fuliginosus en Wikispecies.
- ↑ Dendragapus fuliginosus (Ridgway, 1873) en Avibase.
- ↑ Dendragapus fuliginosus (Ridgway 1873) na EOL.
- ↑ Dendragapus Elliot, 1864 no ITIS.
- ↑ Dendragapus obscurus fuliginosus (Ridgway, 1873) no ITIS.
- ↑ del Hoyo, J.; Elliott, A.; Sargatal, J.; Christie D. A. & de Juana E., coords. Handbook of the Birds of the World Alive. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 978-84-8733-415-3.
- ↑ BirdLife International (2017): Siberian Grouse. Falcipennis falcipennis na Lista vermella da UICN.
- ↑ Gallo siberiano. Falcipennis falcipennis (Hartlaub, 1855) en Avibase.
- ↑ BirdLife International (2016): Spruce Grouse. Falcipennis canadensis na Lista vermella da UICN.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dendragapus fuliginosus |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Dendragapus fuliginosus |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- de Juana, E. (1994): "Family Tetraonidae (Grouse)". En: del Hoyo, J.; Elliott, A. & Sargatal, J. Handbook of the Birds of the World, Vol. 2. New World Vultures to Guineafowl. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-8733-415-6, pp. 376–411.
- del Hoyo, J., Collar, N. J., Christie, D. A., Elliott, A. & Fishpool, L. D. C. (2014): HBW and BirdLife International Illustrated Checklist of the Birds of the World. Volume 1: Non-passerines. Barcelona, Spain / Cambridge, UK.: Lynx Edicions / BirdLife International. ISBN 978-84-9655-394-1.
- Dickinson, E. C., ed. (2003): The Howard & Moore Complete Checklist of the Birds of the World. 3nd ed. Londres: Christopher Helm. ISBN 978-0-7136-6536-9.
- Madge, S. & McGowan, P. (2002): Pheasants, partridges and grouse: including buttonquails, sandgrouse and allies. Londres: Christopher Helm. ISBN 978-0-7136-3966-7.
- Schroeder, M. A. (2004): "Blue grouse Dendragapus obscurus are now considered to be two species: dusky grouse Dendragapus obscurus and sooty grouse Dendragapus fuliginosus". Newsletter of Grouse Specialist Group, 32: 4-6.