Dengue (vestimenta)
O dengue é unha peza de vestir que forma parte da indumentaria tradicional galega. Está formado por un anaco de tea que ten forma de aspa, de tal forma que ao colocarse sobre o torso, cruza o peito e os seus extremos átanse nas costas.[1][2]
Características
[editar | editar a fonte]
Pode ser liso, ou estar ricamente bordado e adornado, por exemplo con flores bordadas e aplicacións de abelorios multicolores ou prateados, dependendo da tradición da localidade concreta.[2] Era unha peza de roupa feminina tradicional no noroeste da Península Ibérica, en Galicia, Asturias e parte de León. Nalgúns lugares substitúese por un pano que vai atado ás costas.[3][4][5]
Posibelmente a orixe desta peza débese á necesidade de abrigar o peito, sen utilizar os pesados e incómodos mantóns de pano propios dos días máis fríos do inverno.[6][7]
A forma do dengue despregado é parecida a un segmento de círculo cos extremos alongados. Está ben cortado se se pode colocar sobre os ombros, cruzado no peito por diante e coas puntas nas costas, á altura da cintura. Xeralmente se coloca poñendo un imperdíbel no cruzamento do peito e outro unindo os dous extremos nas costas,[8] ou cun broche de prata ou outro metal.[2]
Pénsase que era unha peza de roupa que simbolizaba o casamento. Era habitual que as mulleres fosen soterradas co el posto, xa que casadas en vida debían continuar casadas na morte. Este é un dos motivos polos que, comparando con outras prendas, foron conservados poucos nas casas.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ dengue, 1ª acep., no dicionario da RAG.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 dengue Arquivado 13 de abril de 2020 en Wayback Machine. no Dicionario da vestimenta tradicional galega. Consultado o 3 de febreiro de 2016.
- ↑ Traje típico de Castilla y León
- ↑ Indumentarias y trajes regionales asturianos. Arquivado 06 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Consultado el 3 de febreiro de 2016
- ↑ Mª Felisa Santoveña Zapatero: Vestidos de Asturianos, 100 años de fotografía e indumentaria en Asturias. Departamento de Historia, Universidad de Oviedo. Consultado el 3 de xaneiro de 2016.
- ↑ Trajes Típicos del País Leonés. Consultado o 3 de febreiro de 2016.
- ↑ Enrique Borobio Crespo: La indumentaria tradicional en los inventarios de bienes.Revista de Soria, nº 56, primavera 2007. Arquivado 28 de xaneiro de 2015 en Wayback Machine.
- ↑ La indumentaria tradicional de Asturias Arquivado 08 de xaneiro de 2017 en Wayback Machine.. Consultado o 3 de febreiro de 2016.
- ↑ "Teresa Astorgano (Traxandaina): "As mulleres eran soterradas co dengue, por iso hai poucos"". El Progreso de Lugo. 2021-05-14. Consultado o 2022-04-06.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Albán Laxe, C. (2003): O saber do pobo: Enciclopedia do traxe, danza e música tradicionais. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-8302-235-4.
- Fraguas Fraguas, A. (1985): El traje gallego. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza.
- González Pérez, C. (2005): Historia do traxe galego. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-4196-0.
- Rodríguez Pérez, I. & Pérez Arias, C. (1992): "A vestimenta na Galicia de entreséculos". En: Acuña, X. E. & Cabo, X. L. As imaxes do traxe en Galicia. Vigo: Ir Indo, pp. 7–13.