Derry
Doire (ga) | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Reino Unido | |||
País | Irlanda do Norte | |||
Subdivisións | Derry City and Strabane (en) | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 85.016 (2008) (219,68 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 387 km² | |||
Bañado por | Río Foyle | |||
Datos históricos | ||||
Evento clave
| ||||
Organización política | ||||
Órgano lexislativo | Derry City and Strabane District Council (en) , | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | BT47 e BT48 | |||
Prefixo telefónico | 028 | |||
Páxina web | derrystrabane.com |
Derry (denominación nacionalista), Londonderry (denominación unionista) ou Doire (denominación gaélica) é unha cidade de Irlanda do Norte. Está integrada na rexión do Ulster e no departamento de Derry County e constitúe a segunda cidade máis importante de Irlanda do Norte despois da capital Belfast e a cuarta da illa de Irlanda (República de Irlanda e Irlanda do Norte)
Cidade
[editar | editar a fonte]En 2001 a cidade tiña 83.652 habitantes, nunha conurbación de 200.000 persoas. Sitúase preto da costa, na fronteira coa República de Irlanda. A cidade está rexida por un concello chamado Derry City Council e ten un aeroporto, o Derry City Airport, xunto cun porto, o Londonderry Port. A cidade está atravesada polo río Foyle, e nas súas beiras albérgase a cidade. No lado oeste está o centro da cidade ou Foyle Side e na outra banda atópase Waterside. Existen dúas pontes que atravesan o río Foyle.
Historia
[editar | editar a fonte]Durante o reinado de Carlos II, quen tentou restaurar os dereitos dos católicos, os irlandeses trataron de botar aos granxeiro escoceses protestantes que se instalaran nesas terras, pero estes resgardáronse na cidade de Derry ou Londonderry. Cando Carlos II foi destituído por Gillerme de Orange, os católicos irlandeses foron duramente castigados e privados de dereitos tales coma traballar nun servizo público, ou ter escolas católicas. Nin sequera podían mercar un cabalo que custase máis de 5 libras.
Dende ese momento produciuse na cidade unha división entre católicos defensores da República de Irlanda, e protestantes a favor da monarquía británica.
Así, o 30 de xaneiro de 1972 produciuse o chamado Domingo Sanguento (Bloody Sunday). Ese día morreron na cidade 13 homes e nenos non armados a causa dos disparos da forza paracaidista británica tras unha manifestación a favor dos Dereitos Civís para os católicos de Irlanda do Norte no barrio de Bogside. Na honra destas mortes creouse o Bloody Sunday Museum ou Free Derry Museum, e tamén hai visíbeis murais católicos e protestantes nas rúas de Derry.
Cultura popular
[editar | editar a fonte]A cidade aparece como escenario da acción na novela It de Stephen King.
Clima
[editar | editar a fonte]Xan | Feb | Mar | Abr | Mai | Xuñ | Xul | Ago | Set | Oct | Nov | Dec | Anual | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Media diaria de temperaturas máximas (°C) | 10 | 10 | 11 | 12 | 14 | 17 | 18 | 19 | 17 | 15 | 11 | 11 | 13'75 | |
Media diaria de temperaturas mínimas (°C) | 0 | 0 | 2 | 3 | 5 | 8 | 10 | 10 | 9 | 6 | 4 | 1 | 4'8 | |
Precipitacións (mm) | 110 | 80 | 90 | 60 | 60 | 70 | 70 | 90 | 100 | 120 | 120 | 100 | 1070 | |
Fonte: Yahoo! Weather |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Derry |